domingo. 01.12.2024
El tiempo

Estreando horario de verán

Estreando horario de verán
A maior parte dos recursos turisticos da costa da morte abren todos os dias da semana A maior parte dos recursos turísticos da Costa da Morte abren todos os días da semana Dende hoxe e ata o vindeiro 15 de setembro, os principias monumentos e edificios turísticos da Costa da Morte amplían as súas horas de apertura co fin de adaptarse ao horario de verán. O Dolmen de Dombate - considerado “a catedral do megalitismo galego” - pódese visitar todos os días entre as 9 da mañá e as 21 horas e habilitaranse visitas guiadas en horario de mañá - de 11 a 14 horas - e tarde - de 16 a 21 horas - da man de expertos que explicarán os seus 6.000 anos de historia, a importancia do megalistismo na Costa da Morte. Tamén se ofrece a posibilidade de visitar as Torres do Allo, no concello de Zas, entre as 11 e as 20 horas e os domingos de xullo e agosto haberá visitas guiadas teatralizadas ás 19:30 horas. O Forno do Forte, outro dos puntos de interese turístico de Malpica e da Costa da Morte, abre durante o verán entre as 11 e as 14 e de 16 a 20 horas, a excepción dos domingos. Tamén están abertos ao público os Batáns de Mosquetín (con visitas libres todos os días e guiadas os sábados e domingos ás 13 e ás 18 horas), e o Castelo de Vimianzo, que contará con visitas libres de martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 20:30 horas e visitas teatralizadas os domingos de xullo e agosto ás 13 e 17 horas. Novas relacionadas Fonte Redacción QPC ([email protected]) Deputación da Coruña

Comentarios