Venres. 29.03.2024
El tiempo

Festas, música, gastronomía e historia na Axenda da fin de semana da Costa

Festas, música, gastronomía e historia na Axenda da fin de semana da Costa

Ecuador de agosto e a Axenda da fin de semana, patrocinada polo Hotel-Restaurante El Hórreo, chega a rebentar. Con citas musicais, festeiras, históricas, culturais...

E destacamos unha que nos gusta especialmente, como é o Mercado das Rutas do Mar de Muxía. Toda a vila da Barca xa está trasportada séculos atrás para levarnos ao verdadeiro mercado mariñeiro que sempre foi.

Outra das citas singulares é o único festival de jazz da Costa da Morte. O Atalajazz 2012 fará que Laxe disfrute coa música, música que ademais chega da casa, pois das 3 bandas, unha é da Coruña e o resto son da zona.

A cita gastronómica de rigor non pode faltar e desta volta toca a Festa do Porco Celta de Corcubión, que xa vai pola súa 7ª edición.

Non esquecemos o emotivo e reivindicativo recital SOS contra o cianuro, que fará que a loita contra a mina de ouro de Corcoesto colla tintes poéticos. Será no Couto.

E como non, festes e das grandes. A Festa do Encoro da Fervenza de Mazaricos, a pesar dos recortes volve por todo o alto con 3 días de troula. Tamén están de Festas Patronais en Vimianzo.
E para festas gordas tamén as de Buño, que inclúen o concerto de Manu Tenorio.

Tamén haberá boa música como o concerto de Acadacanto en Carballo, o concerto de Fados e mais o de Héctor Lera e Dous Calquera tamén en Cee, ou a Velada Cultural de Corme con boleros e ata jazz.

Non faltarán as citas máis culturais, como Feira do Libro de Cee ou a sesión de cine de Corme. E o domingo haberá unha simbólica presentación no Faro Vilán do libro Finisterraes: Faros de Galicia.


Máis información

Fonte

Comentarios