Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Foliadas 2.0 con PandeiretaPro

Foliadas 2.0 con PandeiretaPro

Poucas palabras bastan tras esta demostración de enxeño, que en só un par de días ten máis de 2.700 reproducións. Xa non teremos que molestar aos veciños ou meter a clásica media que ensordece ás pandeiretas. Poderemos tocar en calquera lado co noso ipad, e iphone (algo máis pequeno pero funcional).
Pandereita Pro é o nome da aplicación gratuíta desenvolvida pola marca galega Taptil, que permite tocar este tradicional instrumento en dispositivos móbiles.

A aplicación emprega sons gravados de pandeiretas reais e está pensada para que calquera tipo de usuario poida utilizala, tanto principiantes no ámbito tecnolóxico como no ámbito musical. Co obxectivo de lograr unha experiencia realista, no proxecto participaron diversos pandereteiros que contribuíron a crear unha aplicación innovadora, que facilita que os músicos ensaien en calquera contexto, xa que pode usarse con auriculares, e que acerca ó público xeral a este tradicional instrumento galego.

Sobre Taptil

Taptil é una marca galega, tras a cal están as empresas Sixtema, do corcubionés Alejandro Lamas, e Hacce Soluciones, especializada en dar resposta e crear solucións avanzadas no desenvolvemento de aplicacións móbiles.

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa de Taptil.

Comentarios