Fotografía e poesía nun certame por Razo e Baldaio

19:02 30/04/15

Despois da boa acollida ao certame Xosé Manuel Eirís, que xa vai pola súa 17ª edición, o Concello de Carballo, a través da súa iniciativa de dinamización turística do seu litoral, pon en marcha o I Premio Fotopoético "Carballo, mirando ao mar” que repartirá 5.000 euros en premios.
Serán catro as modalidades creativas nas que se poden presentar propostas inéditas sobre a contorna natural de Razo e Baldaio e que están galardoadas con 1.250 euros cada unha: fotografía, textos poéticos, fotopoema e videopoema.
O prazo de presentación está aberto ata o 25 de maio.
Máis información
Novas relacionadas
- A fotografía convírterse en denuncia e arte no Certame Xosé Manuel Eirís.
- Marcos Rodríguez: “Gañar a medalla de prata nunha Copa do Mundo de Fotografía cunha imaxe da Costa da Morte… Emocióname”.
Fonte
- Concello de Carballo.