Venres. 29.03.2024
El tiempo

Graffitis que humanizan Carballo

Graffitis que humanizan Carballo
Edificio en Carballo antes e despois da intervencion Roberta Venanzi derrubando muros con pintura en Carballo

O proceso de humanización dunha vila é integral. E así o toma o Concello de Carballo, que continúa cun proxecto tan fermoso como este de Derrubando Muros con Pintura, que consiste en facer grafitis en muros abandonados. Un proxecto que se desenvolve paralelamente con outros como a peatonización de varias rúas, o Pedibús para os peques ou as rutas en bici para coñecer o Concello.

E hoxe collemos a brocha e nos achegamos, coas artistas e coordinadoras do proxecto, Roberta Venanzi e Paula Fraile, a varios puntos da vila. E o facemos nunha nova etapa, unha vez rematado o mural inaugural na rúa do Sol, coa incorporación dun equipo de artistas locais como Lidia Cambón, Mon Lendoiro e Emi de las Heras.

Esta semana, aproveitando o bo tempo, cada unha destas artistas comezará a pintar o seu mural, de modo que serán, en total cinco os murais que se inicien nos vindeios días.

A escola unitaria de Arrabales, no barrio da Milagrosa, a traseira da vella estación de autobuses, e a zona de Catro Portas, na confluencia da rúa Baixa coa Valle Inclán e a Vázquez de Parga, serán o destino próximo de estadas, pinturas e pinceis.
Paula Fraile comezará a traballar no lateral dun edificio da zona de Catro Portas, nunha das principais saídas de Carballo á Coruña. A italiana Roberna Venanzi trasladarase agora á traseira da vella estación de autobuses. Emi de las Heras traballará no número 11 da rúa Baixa. Mon Lendoiro actuará nun dos laterais que dá ao Rego da Balsa e Lidia Cambón será a encargada de darlle nova vida á escola de Arrabales.

Estaremos atentos a ver como quedan estas novas intervencións.

Roberta Venanci e Paula Fraile

Repercusión internacional

Está collendo sona internacional esta aposta polo graffiti dende Carballo. I é que se xa conta cunha coordinadora italiana e unha manchega, pode que en breve, ademais de varios carballeses, se integren no grupo de traballo artistas da India ou Xapón.

A primeira intervencion de Derrubando Muros con Pintura nunha entrada de Carballo

Novas relacionadas

Comentarios