Venres. 03.12.2021
El tiempo

Javier Martín trae o seu espectáculo Oximórica a Carballo

Javier Martín trae o seu espectáculo Oximórica a Carballo
A actuacion de Javier Martin enmarcarse dentro do programa Primavera EnDanza de Carballo A actuacion de Javier Martin enmarcarse dentro do programa Primavera EnDanza de Carballo O bailarín Javier Martín acturá este venres no pazo da Cultura Carballo, ás 20 horas, onde presentará o seu espectáculo "Oximórica". Esta presentación enmárcase dentro da XIV Edición do Festival Primavera en Danza de Carballo e do programa DAC_EstadíasColón, posto en marcha pola Deputación da Coruña, que levará de xira por distintos concellos da provincia coruñesa os tres últimos espectáculos que naceron no teatro da Coruña dependente do organismo provincial. No caso da Costa da Morte, Carballo será o único municipio que acolla un destes espectáculos. “Con este novo programa iniciamos unha dobre vía de apoio ás compañías, por unha banda á propia creación e desenvolvemento de proxectos e, pola outra, propiciando a itinerancia dos espectáculos cunha xira por concellos promovida pola Deputación”, explicou a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura, GorettiSanmartín Rei, na presentación de DAC_EstadíasColón, programa en queparticipan Caramuxo Teatro, Quique Peón e Javier Martín, protagonistas dos tres últimos espectáculos estreados e preparados nas instalacións do Teatro Colón. Residencias artísticas O programa DAC_EstadíasColón preséntase como avance do que será a convocatoria aberta para residencias técnico artísticas no teatro. “Queremos  traballar con bases rigorosas e firmes co cal esta experiencia cos tres espectáculos servirá tamén para testar os distintos aspectos para o proxecto de compañías residentes que botaremos a andar proximamente”, explicou Goretti Sanmartín. “Queremos que o programa de residencias artísticas sexa unha liña estábel e que permaneza no tempo, un modelo de referencia doutra maneira de promover a creación e a distribución cunha relación máis directa e intensa co proceso de creación por parte do propio teatro como institución”, sinalou Goretti Sanmartín.   Novas relacionadas Fonte

comentarios