![Os participantes aprenderán a potenciar as súa cualidades cómicas]()
Os participantes aprenderán con Joan Estrader a potenciar as súa cualidades cómicas
Joan Estrader impartirá o próximo sábado (de 10:30 a 13:30 horas) no pazo da Cultura de Carballo o
taller de Humor para Torpes que se enmarca dentro do
Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) e no que os participantes potenciarán as súas cualidades cómicas, atopando o placer ríndose dun mesmo.
Os inscritos (que non teñen por que ter experiencia escénica) desenvolverá a súa comicidade utilizando como ferramentas a improvisación, o xogo e a complicidade co compañeiro e co público. Trátase dun curso moi práctico e pouco teórico, no que os participantes poderán gozar sen medo ao ridículo.
Este obradoiro ten todos os alicerces para a diversión dos seus participantes, non só polo seu contido, senón tamén pola personalidade e traxectoria de Joan Estrader. Membro fundador da compañía
Pez en Raya, xunto con Cristina Medina, é todo un referente do humor extravagante que percorreu os escenarios de medio mundo e que se formou como clown na École Philippe Gaulier de Londres e con outros mestre como Théâtre de Complicité, Monika Pagneaux e Marcello Magni.
Os interesados en participar deberán inscribirse no pazo da Cultura ou no enderezo electrónico fiot.carballo@gmail.com antes do 9 de outubro, xa que está limitado a
15 prazas e ten un custe de
20 euros.
Rúa dos Contos
Joan Estrader tamén se transformará en Mr. Kebab na obra
“Juancállate” da súa compañía Pez en Raya, que a mesma noite do sábado (21.00h) se representará no mercado municipal no marco das sesións dobres da
Rúa dos Contos.
As entradas para as sesión dobres da XVII Rúa dos Contos poden adquirirse con anterioridade a través do sistema de televenda de
ataquilla.com (antes Servinova), no teléfono 902 504 500 (9.00 a 22.00h), ou o mesmo día do espectáculo na billeteira do Mercado Municipal a partir das 19.30h. Os socios da asociación cultural Telón e Aparte terán o 50% de desconto presentando o seu carné de socio.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- FIOT