Mércores. 23.10.2019
El tiempo

Laxe volca o inverno na gastronomía e a enoloxía

Laxe volca o inverno na gastronomía e a enoloxía
programa de inverno - relaxese 2019 Tralo anuncio da imprescindible renovación do programa Reláxese para este 2019, a Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe anuncia xa o comezo das actividades do “Inverno Gastronómico e Enolóxico”. O programa de desestacionalización turística propón para estes meses de febreiro e marzo varias actividades relacionadas co mundo culinario, “un valor indiscutible para potenciar o turismo de calidade”. De aí que Turismo Laxe traballe “a favor da profesionalización e potenciación dos recursos gastronómicos municipais, así coma da coñecida meridaxe do viño, tan arraigada en Laxe a través da cultura popular do chateo.”

Laxe na Boca

A organización do “LAXE NA BOCA”, será o centro e motor deste trimestre. Consistirá nunha fin de semana gastronómica, durante os días 2 e 3 de marzo, nos que as persoas que se acheguen polos 9 establecimentos participantes poderán deleitarse gratis con cada consumición das máis diferentes combinacións culinarias, en base á fariña, e ó cocido galego. excursion xantar 2019 - LR

ComerLaxe e Feira

Ademais, o Concello invita aos hostaleiros a achegarse á Feira Gastronómixa Xantar en Ourense, ao tempo que anuncia inminente dunha nova campaña do comercio local en colaboración coa asociación ComerLaxe por San Valentín.

Programa de Inverno Gastronómica e Enolóxico no Reláxese

FEBREIRO
  • VENRES 1 ás 19.00 h. CHARLA DEGUSTACIÓN DA IXP TENREIRA GALEGA a cargo de Luis Vázquez, xerente da IXP e Marcos Seoane, do Restaurante Río Sil de Carballo.
  • VENRES 8 ás 9.00 h. EXCURSIÓN Á FEIRA DE GASTRONOMÍA E TURISMO XANTAR EN OURENSE. Inscrición previa no Concello
  • VENRES 15 ás 19.00 h. “CON X DE LAXE, CON X DE PEIXE” SHOWCOOKING SOBRE A XARDA a cargo do cociñeiro Iván Domínguez.
  • SÁBADO 16 ás 12.00 h. CHARLA DEGUSTACIÓN DOP MEXILLÖN DE GALICIA
  • VENRES 22 ás 19.00 h. “CON X DE LAXE, CON X DE PEIXE” SHOWCOOKING SOBRE ABADEXO a cargo do cociñeiro Caco Agrasar
MARZO
  • VENRES 1 ás 19.00 h. CATA D.O. RIBERA DEL DUERO. Bodegas Pago del Cielo, a cargo do enólogo José Miramontes de EXCELSIA
  • VENRES 8 ás 19.00 h CATA D.O. RIOJA a cargo de Sergio Santorium, delegado norte de Bodegas Fernández de Piérola
  • SÁBADO 9 ás 12.00 h CATA D.O. RIBEIRA SACRA a cargo de Mateo Seoane, xerente de Belarmino Compañía de Viños
  • VENRES 15 ás 19.00 h CATA D.O. RÍAS BAIXAS a cargo de Enrique Novoa Gómez, delegado da Bodega Pazo Pondal
  • SÁBADO 16 ás 12.00 h CATA DAS IXPS GALEGAS TERRAS DO MORRAZO, BARBANZA E IRIA, E TERRAS DE BETANZOS
  • VENRES 22 ás 19.00 h MASTERCLASS SOBRE ESPUMOS a cargo de Luis Paadín, autor da Guía de Viños de Galicia 2018
  • VENRES 29 ás 19.00 h CATA D.O. RIBEIRO a cargo de Marino Álvarez Robles e Duvi González Pernas da Adega Dona Elisa
Tódalas actividades son gratuítas e contan coa axuda económica da Deputación Provincial da Coruña.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/laxe-renova-o-programa-de-desestacionalizacion-relaxese-para-armar-un-2019-cheo-de-actividades/

Comentarios