Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Literatura ceense na Feira do Libro de Carballo

Literatura ceense na Feira do Libro de Carballo
A Feira do Libro de Carballo acolleu na xornada do pasado venres, 24 de agosto, a presentación da última obra da escritora ceense María Canosa. Trátase dun libro de poemas infantís que leva por nome Acuario. No acto estivo presente o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Son os peixes como habitantes do mar os que protagonizan Acuario. A obra foi presentada como un instrumento para adquirir un bo nivel do uso da lingua. A autora afirmou que a obra está adicada ao seu avó, falecido recentemente, e ex compoñente da primeira banda de música de Cee. Rafa Villar presentou Patente de Corso Carballo tamén acolleu a pasada semana a presentación do último libro do tamén ceense Rafa Villar. Trátase de Patente de Corso, e está centrado no mundo da piratería. A publicación mestura termos tradicionais cos propios dos piratas. Ao igual que Acuario, a obra está dirixida ao público infantil. Patente de Corso gañou en 2011 o Premio Arume de poesía.

Novas relacionadas

Comentarios