Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Luar na Lubre estrea a súa Torre de Breogán

Luar na Lubre estrea a súa Torre de Breogán

Xa anunciamos que Luar na Lubre emprendeu unha viaxe sinfónica pola Galicia Gaélica. Hoxe nos achegamos un pouco máis ao espectacular proxecto que cobrará vida esta fin de semana cun doble concerto na Coruña. Un concerto no que o grupo galego máis internacional e a Orquesta Sinfónica de Galicia unen forzas para recuperar parte da nosa historia.

Falamos dunha das propostas máis ambiciosas da música galega, pero que ten tamén conta con variedade de opcións. Por exemplo, o coñecido cineasta Jorge Coira está grabando unha peza documental, e o poeta coruñés Xabier Cordal está a facer un libro, que sairá nun completo dvd en outubro. Pero antes, as citas no Colón para a tarde deste sábado 21 e para a mañá deste domingo 22, para os que xa poucas entradas quedan.

Ensaio de Torre de Breogan

A Galicia Gaélica

Leva tempo o grupo recuperando a historia de Breogán, dos Milesians, e das nosas raíces gaélicas. Xa no disco Mar Maior recupérase parte desta historia inspirada no libro Leabhar Ghabhala Eirean (Libro das Invasións), un documento excepcional recollido da tradición oral irlandesa e transcrito polos monxes cristiáns desta illa no século XI.
Nel relátanse, por orde cronolóxica, as diferentes invasións que foron sucedéndose en Irlanda. A última delas é a dos Milesios, que desde a cidade de Brigantia (actual A Coruña) partiron cara á illa despois de que Ith, fillo do caudillo Breoghán e líder Milesio, a descubrise logo de divisala desde o alto da torre que leva o nome do seu pai, a Thor Breoghán, que podería ser a coñecida actualmente como Torre de Hércules.

O propio Bieito Romero recoñece que esto supón un “soño cumprido, un proxecto inspirado na historia da nosa cidade cunha das mellores orquestras españolas e europeas. Trátase de ofrecer calidade a través da maridaxe de dous referentes galegos a nivel musical”.

Avance na TVG

Máis información

Novas relacionadas

Entrevista con Luar na Lubre

Luar na Lubre na Costa da Morte

Fonte

Comentarios