Máis de 600 exemplos de como achegarse á cultura francesa


Fixo balance o Comité de Irmandamento de Carballo con L ́Isle-Jourdain do 2016. E máis que satisfeito se amosa tras comprobar que foron un total de 634 as persoas que participaron nas actividades da asociación.
Unha Xornada de emprego nos países francófonos, un faladoiro sobre o cómic francófono, un café conversación en francés, o club de lectura, os contacontos,a viaxe de intercambio a Francia, a cea baile con música francófona e produtos franceses e o festival de variétés. Unha marea de actividades que serviron para que nenxs, adolescentes e adultxs disfrutasen e se achegasen á cultura e a lingua francesa.
https://www.facebook.com/jumelagecarballolisle/videos/1117458498380819/2017
En breve publicarán o novo calendario de actividades para este 2017, pois xa están traballand no cartel. O seguro é que continuarán coas actividades anuais: café conversación, que segue a celebrarse todos os venres na cafetería Jaque Mate, club de lectura e con “francés en movemento” para nenos/as de 4 a 7 anos, “Ioga Integral para adultos” guiado en galego e francés, “Obradoiro de francés para adultos a través do xogo”, “Faladoiro sobre o impresionismo francés”. Ademais este ano toca facer os preparativos para recibir aos franceses que teñen previsto visitar Carballo no outono.
Poden contactar a través do seu Facebook Jumelageentre Carballo et L'Isle-Jourdain ou no múmero de teléfono 652 28 44 77.
Novas relacionadas
- “Nunha semana de intercambio aprenden máis que en 4 anos na aula”.
- Relevo xeracional no Comité de Irmandamento de Carballo con L´Isle Jourdain
- O III Festival de Variétés encheu de maxia e espectáculo o Pazo da Cultura de Carballo.
- Carballo mantén vivo o seu irmandamento francés tras 21 anos.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Carballo