Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Manuel Lourenzo e o seu teatro contra todo recolleu o Xograr de Outono do FIOT Carballo 2018

Manuel Lourenzo e o seu teatro contra todo recolleu o Xograr de Outono do FIOT Carballo 2018
Manuel Lourenzo Xograr de Outono do FIOT Carballo 2018 2 Manuel Lourenzo Xograr de Outono do FIOT Carballo 2018 2

Tivo lugar este domingo 21 de outubro unha das citas máis emotivas de cada edición (esta é a do FIOT (27ª) Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo). A entrega do galardón Xograr de Outono significa un dos recoñecementos máis importantes dun dos festivais máis comprometidos de Galicia. E precisamente o compromiso cultural e a súa ansia por romper con todo convertiu a Manuel Lourenzo no número 16 dunha lista dos principais referentes do teatro en Galicia.

Manuel Lourenzo, popular nos últimos tempos polo seu papel na serie Fariña, subíu emocionado ao estrado a recibir da presentadora Mónica Caamaño e do conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, este singular recoñecemento. Lembrouse do seu amigo Xosé Manuel Eirís, do que precisamente cedeu este ano ao Concello cinco escenografías para unha exposición do escenógrafo carballés.

Anteriores Xograres e a Asociación Cultural Telón e Aparte coincidiron en que a longa e destacada traxectoria de Lourenzo (Ferreira do Valadouro, 1943), merecía este galardón. Un home que está subido a un escenario dende os anos 60 e que foi fundamental no impulso das artes escénicas en Galicia, fundando compañías, escolas e proxectos teatrais trascendentales para nosas artes escénicas, como o Grupo de Teatro O Facho, creado na Coruña xunto con Francisco Pillado; o Grupo de Teatro Circo cun percorrido que desembocará na fundación da Escola Dramática Galega, a Compañía Teatral Luís Seoane, o Clube de Teatro Elsinor ou a escola, revista e actual compañía, Casahamlet, a cal rexenta desde 1998 xunto con Santiago Fernández. A súa vocación educadora converteuno en mestre de moitas xeracións de actores e actrices.

Quedarán para a memoria colectiva as súas interpretacións de míticos personaxes da televisión como Melgacho en Mareas Vivas (1998), ou máis recientemente Terito en Fariña .

Así, Lourenzo entra a formar parte do elenco de escollidos polo FIOT formado por: Roberto Vidal Bolaño, Artur Trillo, Celso Parada, Víctor Mosqueira, Quico Cadaval, Dorotea Bárcena, Cándido Pazó, Paula Carballeira, Marcelino de Santiago “Kukas”, Alberto Gende, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Eduardo Rodríguez Cunha “Tatán”, Susana Dans, Miguel de Lira e Mónica Camaño.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-fiot-recibe-o-premio-da-cultura-galega-de-artes-escenicas/ https://quepasanacosta.gal/41-espectaculos-reforzan-a-27a-edicion-do-fiot/

Comentarios