Martes. 30.04.2024
El tiempo

Manuel Suárez achega as Letras Galegas aos Galeguayos de Bos Aires

Manuel Suárez achega as Letras Galegas aos Galeguayos de Bos Aires

O enviado da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia para a celebración do Día das Letras Galegas en Bos Aires non é outro que Manuel Suárez Suárez. O colaborador desta casa, un intenso loitador polos dereitos dos emigrantes, ve recoñecido dalgún xeito a súa laboura de achegamento da diáspora á nosa realidade dende dentro do país.

Será un bo escaparate para seguir loitando polo Espazo Emigrante no monte Gaiás, que tanto solicita publicamente. E por certo, o vindeiro luns leremos a súa homenaxe ao Día das Letras Galegas deste 2001.

O acto central coa asistencia do Secretario Xeral terá lugar o 17 de maio no Teatro Castelao do Centro Galego, ás 20:00 horas. A conferencia de Suárez titúlase: "O futuro da emigración galega en Bos Aires".

Pero a súa axenda será completa. Antes do 17 terá citas nas seguintes charlas-coloquio:

  • Sábado 14 no Café Montserrat organizado pola asociación cultural "Os Gromos": O tango dos emigrantes [As palabras de Don Manuel serán acompañadas pola voz de Graciela Pereira que interpretará pezas musicais feitas por emigrantes galegos];
  • Domingo 15 no Centro Corcubión en Vicente López: "Emocións emigrantes" [Recordos de emigrantes da Costa da Morte que fixeron patria na Arxentina]. Tamén a proxección dun DVD en estrea especial, cortesía do Seminario de Estudos Comarcais, sobre "Os faros da Costa da Morte";
  • Luns 16 no Centro Betanzos: Galeguayos [Tres relatos de la orilla sur]. Aquí terá lugar a presentación de tres textos en castelán da autoría de Mario Gardel [Manuel Suárez Suárez] onde os sentimentos son a base creativa dunha nova identidade: a dos "galeguayos".

A estrea dos Galeguayos

E aquí podemos ver, en exclusiva a nova portada da edición "Galeguayos", de Mario Gardel. I é que aquí no haberá distribución do libriño. Un libro cun debuxo obra de Juan Manuel Sánchez, famoso artista plástico arxentino, fillo de pai ourensán, que aos seus 80 anos segue en plena forma.

Dende aquí enviámoslle a Manuel Suárez Suárez os nosos meirandes parabéns por seguir defendendo

Últimos artigos de Manuel Suárez dende Lonxe de Montevideo

Fonte

Comentarios