Marcos Rodríguez expón a súa mostra "Asunción, María e José" no pazo da Cultura de Carballo
07:10 21/03/17
Este venres, ás 20 horas, inaugúrase no pazo da Cultura de Carballo a exposición "Asunción, María e José. Xente anónima con nome propio" do fotógrafo Marcos Rodríguez. Cada imaxe da mostra conta unha historia vital que retratou nas múltiples viaxes que fixo entre Carballo - lugar onde se criou - e Cee - onde está afincado e ten o seu estudo de fotografía -.
Marcos Rodríguez foi xefe de fotografía no semanario O Acontecer, traballou para El Ideal Gallego, Diario de Bergantiños, DxT Campeón e colaborou con La Voz de Galicia e Que Pasa na Costa. No seu currículum figuran numerosos premios, entre eles o noso Xosé Manuel Eirís, pero nos últimos anos leva acumulado prestixiosos galardóns nacionais e internacionais, coma a Medalla de Prata da Copa do Mundo de Fotografía, ou os títulos de Fotógrafo Distinguido e Fotógrafo do Ano que outorga a Federación Española de Profesionais da Fotografía. Este ano é un dos 10 finalistas a Fotógrafo Europeo do Ano, e o 2 de abril, coincidindo coa súa exposición en Carballo, viaxará a cidade italiana de Sicilia para participar na Gala dos European Photographer of the Year Awards, que outorga a federación Europea de Fotógrafos Profesionais, e na que se darán a coñecer os nomes dos mellores fotógrafos europeos do 2017.
A exposición fotográfica pódese ver ata o 23 de abril no andar -1 do pazo carballés de luns a domingo en horario de 17 a 21 horas.
Novas relacionadas
- Marcos Rodríguez aspira a gañar a Cámara de Ouro dos Fotógrafos Europeos
- Marcos Rodríguez representará por terceira vez a España no Mundial de Fotografía.
- Marcos Rodríguez, “Fotografo Distinguido” e doble “Fotógrafo do ano” pola FEPFI.
- O centro Cívico de Malpica acolle a exposición “Asunción, María e José” do fotógrafo Marcos Rodríguez:
- Dúas fotos de Marcos Rodríguez seleccionadas como finalistas nos premios Andalucía da Imaxe.
- Marcos Rodríguez homenaxea á xente da Costa da Morte a través dunha exposición de fotografía
- Marcos Rodríguez, de nominación en nominación
- Marcos Rodríguez aspira a convertirse no Quijote da fotografía estatal.
- “Repetir a medalla de Prata da Copa do Mundo de Fotografía antóxase difícil, pero soñar é gratis”.
- “Gañar a medalla de prata nunha Copa do Mundo de Fotografía cunha imaxe da Costa da Morte… Emocióname”.
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Carballo