Marzo comeza cunha Axenda completa


Comeza marzo e o fai coa forza da primavera. Numerosas actividades culturais para esta fin de semana na Costa da Morte as que traemos na Axenda Costa da Morte.
Unha fin de semana que comeza a golpe de xoves, coa inaguración da exposición de Viki Rivadulla acompañado de recital poético en Carballo, e a proxección e debate sobre o aborto con Buserana en Cee.
Pero son moitas cousas máis as que se nos presentan. O venres teremos dúas citas, un concerto en Laxe e máis a Presentación do novo equipo de Ralis SPS en San Mamede, con gogos, disco móbil e unha festa completa.
Sábado completo na bisbarra cun par de citas gastronómicas, unha poética e unha musical. As gastronómicas terán lugar en Carnota coa Feira de Produtos Locais, e mais en Mazaricos coa Festa do Bolo do Pote. Durante o sábado haberá menús especiais nos restaurantes, pero a gran cita será o domingo no Campo da Feira da Picota, con verbena incluída.
Durante a tarde do sábado achegáremonos a Muxía, onde a Fundación López Abente rinde homenaxe á Rosalía de Castro, cunha placa, un recital poético por parte dos pequenos do concello, e un par de charlas sobre a escritora galega.
E para rematar a ritmo de rock imos ata Muros para disfrutar do Concerto de Bingo que artella a xente do Castelo Rock.
O domingo será o turno para a xa habitual cita cultural vimiancesa. E comeza o mes das contadas e será nada menos que Candido Pazó o que nos traia as "historias de sempre para a xente de agora".
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).