Venres. 19.04.2024
El tiempo

Miro Villar rebélase na charca da poesía para nenos

Miro Villar rebélase na charca da poesía para nenos

Volve o poeta ceense Miro Villar á temática para cativos. E volve coa publicación do conto infantil rimado que intitulou "Rebelión na Charca". O conto fala dunha historia entre ras, sapos e píntegas, nunha charca onde pasan o día a xogar coma trasnos rebuldeiros. Porén, o sapo corredor ou corriqueiro, o máis fachendoso e presumido, e o sapo cunqueiro, o máis vaidoso, teñen moi mal perder. O conto é unha fábula sobre a prepotencia, a soberbia e os abusos do poder e, por suposto, procura ensinanza e ten final feliz.

A obra foi editada por Sotelo Blanco Edicións e xa comeza a chegar ás librarías da zona. Fai o número 13 da colección Bolboreta e as ilustracións son da autoría de Ana Santiso.

Aquí vai o inicio deste "Rebelión na charca":

Era unha vez un grupo de ras, sapos
e píntegas que estaban nunha charca,
día a día xogando cos seus papos,
desde o outono, cando a auga encharca
ata o verán, que secan ben os trapos.

Os anfibios, tal trasnos rebuldeiros,
xogaban e xogaban con moita orde
e con respecto polos compañeiros.
Nunca houbera a mínima desorde,
só querían xogar, non ser primeiros.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios