Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Nace a primeira Escola de Dj da Costa

Nace a primeira Escola de Dj da Costa

Numerosas discotecas da zona traen djs de aquí e dacolá para facer as súas festas máis cañeiras. Pero cada vez son máis os pinchas made in Costa da Morte. E para facer da nosa bisbarra unha potencia musical, ademais da Axenda Sonora da Costa da Morte, nace dende Cee unha proposta formativa.

I é que facerse un nome no mundiño é complicado. Os donos dos locais prefiren xente con experiencia. Curso Dj Galicia artella cursos de formación para novos djs. Son 2 horas individuais por alumno, 3 días á semana, cun total de 60 horas. Todo con 3 djs con mais de 10 anos de experiencia impartindo as clases. Ademais dende o curso apuntan a posibilidade de ofrecer algún traballo pola zona.

O curso é eminente práctico e pretende facer os cursos pensando na música máis típica da zona (sen contar a muiñeira...) orientando ao pincha aos estilo de música que máis gusta no lugar. Tchno, pachanga, merengue...

Non quedan aí os responsables do curso, senón que tamén andan intentado ampliar as súas labores ata a contratacion de gogos, coreografias e disponibidade dunha discoteca móbil. De feito, xa contan con unha das máis grandes de toda Galicia.

Máis información

Pode interesarche

Fonte

Comentarios