Narracións e filmes para o Inverno Ancentral de Senda Nova


A calor do lume presentou Senda Nova a 5º edición do programa de Inverno Ancestral. Serán 20 actividades relacionadas co patrimonio inmaterial (de aí o simbolismo do lume) a realizar entre os meses de decembro, xaneiro e febreiro.
Son estas sesións de presentación de programas xa auténticas citas de recuperación cultural. A desta fin de semana foi a típica sesión na lareira para contar historias. Uníronse a Plataforma en Defensa de Monte Neme, o Centro Galego das artes da Imaxe ou o Concello de Carballo, que tamén axudan neste programa.
Documentais e narracións en primeira persoa son as actividades principais, pero a visita do Apalpador non falta.
Xoves de filmes
9 xoves do inverno terán parada no Espazo de Natureza de Oza (ás 19:00h) para disfrutar de documentais galegos relacionados ca terra. A aldea, o bosque, o cabalo, as lendas, loitas sociais… Filmes de onte e de hoxe que compre ter visto.
Historias de inverno
5 sesións de naraccións viaxando dende Sofán ata Chechenia, pasando por Corme, Tordoia ou Asturies. Persoeis como Natalia Petrova, ou José Mallo contarán as súas historias.

Novas relacionadas
- Senda Nova percorre as Terras do Marqués.
- A Escola Ambiental de Senda Nova xa achega a natureza máis cercana a 25 rapaces de Bergantiños.
- A marcha da Via Alcaianus de Senda Nova dá conta da seca<7a>.