Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Novas liñas de axudas para a cultura e a promoción económica

Novas liñas de axudas para a cultura e a promoción económica
Goretti Sanmartin, vicepresidenta da Deputacion da Coruna, presentou as linas de axudas para a cultura Goretti Sanmartin, vicepresidenta da Deputacion da Coruna, presentou as linas de axudas para a cultura A Deputación da Coruña vén de dar a coñecer dúas novas liñas de axuda destinadas á promoción cultural e á económica. En total, destinará 2.725.000 euros a estas dúas áreas sendo a cultural a que se leve a maior parte. Por unha parte, festivais, museos e centros de interpretación, fundacións e entidades de cultura tradicional e popular serán as beneficiarias dun orzamento de 2.250.000 € incluidos dentro do novo modelo de política cultural da Deputación da Coruña. Así o presentou onte Goretti Sanmartin, vicepresidenta da Deputación coruñesa e responsable da área de Cultura da mesma. Segundo indican dende o ente provincial, "inaugúrase así unha nova política cultural ao mudar as subvención nominativas por liñas de axudas en concorrencia competitiva, seguindo criterios obxectivos de reparto dos orzamentos públicos". Goretti Sanmartín, presentou en rolda de prensa as novas liñas que sairán publicadas en breve no Boletín Oficial da Provincia e que se destinan a festivais, museos, centros de interpretación, fundacións e entidades de cultura tradicional e popular. “Estas liñas visibilizan unha nova forma de operar no ámbito da cultura, destinado directamente a reforzar o tecido cultural da Coruña, sempre con transparencia e criterios obxectivos que eliminan a discrecionalidade anterior”, defendeu Goretti Sanmartín na súa intervención. Destacou tamén a responsable da área, a vontade de contribuír desde o ámbito cultural á creación de emprego que se derivará das propias liñas de axuda. Reparto pro áreas Para museos de centros de interpretación, a área de Cultura da Deputación destina 500.000 € para contratación de persoal para a atención ao público. Destínanse nas novas liñas 525.000 € para apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas promovidos por concellos ou entidades sen fin de lucro. As corais, bandas de música popular e entidades de música e baile tradicional recibirán 375.000 € tanto para o desenvolvemento das súas actividades, proxectos ou eventos como para investimentos. Finalmente, as fundacións do ámbito cultural poderán optar a 850.000 € co fin de apoiar os seus proxectos e actividades culturais para o ano 2016. Actividades de promoción económica Por outra parte, a Deputación da Coruña anunciou tamén onte que destina 475.821 euros a financiar diferentes actividades da área de promoción económica en 88 concellos da provincia. As axudas oscilan entre os 2000 euros que perciben concellos como Boimorto ou Dodro e os 14482 € que recibirá A Coruña para unhas xornadas de apoio a emprendendores ou os 18000 € de Santiago de Compostela para cofinanciar o programa Compostela Móvese 2016. Entre as múltiples actividades que cofinancia a Deputación nos concellos da provincia a través desta liña de subvencións figuran festas locais que contribuén á dinamización económica dos concellos ou á promoción de produtos autóctonos como a Festa do Requeixo de A Capela, a Festa da Xiba de Ares, a Mostra da Olería de Buño (Malpica), a Festa do Percebe de Aguiño (Ribeira), a Feira do Mel de Narón,a feira Alfaroleiros (Oleiros) ou a Mostra do Branco Lexítimo de Paderne. Tamén se subvencionan xornadas e accións formativas para a inserción laboral e o emprendemento, como as que se se celebrarán na Coruña, Abegondo, Arteixo, Cambre, Brión, Cee, Pontedeume, Santiso ou Valdoviño; e outras actividades que van dende o mantemento de páxinas web municipais a campañas de apoio ao comercio local. Reparto por concellos:
  • Cabana de Bergantiños: 3.099,72€ para actividades de promoción económica
  • Camariñas: 6.797,51€ para mantementos evolutivos e de contidos dos sitios webs municipais de Camariñas
  • Carballo: 12.088,37€ para a creación e implantación dun selo de calidade local para o comercio (Concedida provisionalmente condicionada)
  • Carnota: 6.798,68€ destinados á mostra "Víndemo Ver".
  • Cee: 3.400,00€ para actividades de promoción económica e emprego
  • Corcubión: 4.297,50€ destinados á Axencia de Emprego e Desenvolvemento
  • Coristanco: 3.688,39€ dirixido a activar o emprego
  • Dumbría: 6.786,41€  para Axente de Emprego e Desenvolvemento Local 2016
  • Fisterra: 6.796,50€ destinados a mantemento da páxina web, organización da feira de artesanía e festa do longueirón
  • Laxe: 6.795,00€ para o plan integral de Dinamización do concello
  • Malpica: 5.395,00€ dirixido á organización da XXXIII mostra da Olería
  • Mazaricos: 3.910,14€ para actividades de promoción económica e fomento do emprego, emprendemento e economía social
  • Muros: 3.997,40€ destinados ás xornadas de "Muros mira ao mar"
  • Ponteceso: 6.794,81€ destinadas a accións para a promoción do desenvolvemento economico local e feiras locais
  • Santa Comba: 6.795,40€ dirixido ás xornadas e accións formativas para a promoción e desenvolvemento empresarial e a dinamización de iniciativas locais agroecolóxicas, de xeración de novas oportunidades económicas e de emprego
  • Vimianzo: 5.000,00€ para actividades de promoción económica
  • Zas: 4.598,40€ para activiades de promoción económica
Novas relacionadas   Fonte

Comentarios