Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Novas obras no Museo do Encaixe para protexer as pezas

Novas obras no Museo do Encaixe para protexer as pezas
Vinilos para o Museo do Encaixe de Camarinas

Están quedando ben as obras de remodelación na fachada acristalada do Museo do Encaixe. Obras creadas para protexer as pezas artesanais que alí se atopan evitando que pase a luz solar. Os técnicos están instalando uns vinilos decorativos nos ventanais que reducirán o impacto da luz do sol, xa que ésta pode afectar gravemente aos diseños de encaixe que alí se gardan.
Ademais de reducir o impacto solar, os vinilos servirán para promocionar a Mostra do Encaixe e outros símbolos de Camariñas como o Faro Vilán, xa que haberá varias imaxes típicas que se poden ver dende o exterior. Nun deles lucirá unha imaxe deste emblemático edificio, noutro o cartel promocional da Mostra do Encaixe deste ano –unha noiva co traxe típico da comarca e mantilla- e noutro un cartel dunha pasada edición. Tamén aparecenunhas mans de palilleira e o logotipo do encaixe de Camariñas como producto de calidade.

As obras estarán listas para a Mostra do Encaixe que se celebra en Semana Santa, entre os días 16 e 20 de abril. A concelleira delegada da Mostra, Sandra Ínsua, destacou a importancia desta reforma, xa que ao tratarse dunha fachada totalmente acristalada as pezas poden verse afectadas e é primordial a súa protección.

Vinilo no Museo do Encaixe de Camarinas

Novidades

A organización da Mostra do Encaixe tamén está ultimando tódolos detalles deste evento e algúns cambios que se introducirán na pasarela e o recinto que acolle ao público.Este ano a pasarela estará ao nivel do chan en forma de U, xa que ata agora era un paso elevado polo que desfilaban os modelos. En total terá vintedous metros de percorrido (10 de longo e 2 de ancho). E para que o público poida ver os desfiles perfectamente instalarase un graderío no recinto, con capacidade paraunhas 300 persoas. O deseñador Franco Quintáns será un ano máis o director da pasarela, onde se exhibirán os modelos de recoñecidos profesionais e doutros noveles. Nos vindeiros días pecharase o programa do certame e daranse a coñecer tódolos detalles da Mostra e outras novidades que se introducirán.

Semana Santa 2014

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de RDF Comunicación.

Comentarios