Luns. 14.10.2024
El tiempo

Nove agrupacións participan no I concurso de baile tradicional Nemeth

Nove agrupacións participan no I concurso de baile tradicional Nemeth
Membros da AC Nemeth e do concello de Carballo presentaron o concurso de baile no que repartiran 1000 euros en premios Membros da AC Nemeth e do concello de Carballo presentaron o concurso de baile no que repartiran 1000 euros en premios O vindeiro sábado, 18 de xullo, a partir das 17 horas, nove agrupacións de distintos puntos da comunidade galega participarán no I concurso de baile tradicional que organiza a Asociación Cultural Nemeth coa colaboración do concello de Carballo. Dous grupos da AC Xacarandaina de A Coruña, un grupo da AC Santa María de Torás da Laracha, da AC Xaíñas de Xove de Lugo, da AC Retranqueiros de Ames, da AF Ximiela de Louro, da AC San Pedro de Carcacia - Padrón - , da AC Adro de Baio e da AC Xeitura de Esteiro participarán no certame que terá lugar na na praza do Concello de Carballo - en caso de choiva no Pazo da Cultura -. Trátase da primeira edición desta cita que, tanto o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, como o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, esperan que sexa a primeira de moitas. Segundo explica a presidenta da AC Nemeth, María Teresa García, repartiranse 1000 euros en premios, con 500 euros para o primeiro clasificado, 300 para o segundo e 200 para o terceiro. Ademais, os tres primeiros clasificados tamén recibirán un agasallo conmemorativo. Xurado O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do baile tradicional como Carlos Collazo, Belén Mato, profesora de baile tradicional en Berdillo, e Mar Suárez, da asociación cultural Raigañas de Malpica. O secretario de Nemeth, Hadrián García, explica que se valorará o traballo de recollida para poñer en valor o patrimonio etnográfico da música e baile tradicional, así como que as agrupacións leven un vestiario auténtico ou que exista unha boa orquestración entre música e baile. Todos os grupos participantes están formados por persoas maiores de 16 anos e poderán bailar un máximo de cinco minutos por peza, cun mínimo de catro parellas enriba do escenario e achegando os seus propios gaiteiros, pandereteiras ou charanga tradicional, xa que non se permite a música "enlatada". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, subliñou a "grande cantidade de xente que está visitando Carballo estes días" e agradeceu o labor de Nemeth para que "o baile que nos identifica como galegos e galegas tamén teña unha referencia entre nós". A AC Nemeth vén de celebrar o día da Muiñeira que conseguiu congregar a máis de 400 bailadores e bailadoras de toda a provincia. Novas relacionadas Fonte   

Comentarios