![]()
A
nova directiva do Casino de Carballo chega pisando forte para seguir dándolle que se merece a este fervedoiro cultural con 129 de vida. Así, para a próxima fin de semana haberá un "maratón" de actividades nas que o principal obxectivo é recadar fondos para levar adiante as primeiras obras de mantemente deste emblemático edificio de Carballo.
As xornadas arrincan o sábado, día 21, ás 12:00 horas cunha conferencia inaugural, da man do historiador carballés Xan Fraga, que levará o título de
“Un paseo pola historia de Carballo” e concluirán o domingo - 22 - en modo festivo, cun convivio gastronómico, a partir das 13:00 horas, con foliada incluida. Polo medio, haberá actividades abertas a todo aquel que queira - tanto socios como non socios -e destinadas a público de todas as idades. Para os máis pequenos haberá un taller que se desenvolverá na tarde do sábado e do que se encargará Pachamama Galicia. Concertos, performances e ata un sorteo dun cadro
pintado en directo pola artista e vicepresidente da entidade, Laura Tova, encherán esta fin de semana o Casino de Carballo de actividade e ambiente festivo.
![]()
Precisamente coa finalidade de recadar fondos, o Casino habilitou un número de conta - ES90 2080 3118 1430 4000 6165 - para todas aquelas persoas que desexen facer algunha achega económica. Esta información encóntrase tamén na
páxina
web da entidade, desde onde se pode acceder, ademais, a unha conta Paypal, así como encontrar información sobre diferentes
posibilidades de colaboración.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Casino Carballo