Venres. 01.07.2022
El tiempo

O CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba comeza o curso con reagrupación de clases

O CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba comeza o curso con reagrupación de clases
ceip-barrie-maza-santa-comba A Consellería de Educación vén de reagrupar os cursos de 5º de Primaria do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba Un bo número de pais e nais concentráronse onte diante do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba despois de que a Consellería de Educación decidise iniciar o curos académico 2018-2019 coa reagrupación dos cursos de 5º primaria pasando de 3 a 2 clases e, como consecuencia, cun profesor menos. Dende a AA.PP.AA Xallas enviaron una carta a todos os pais e nais con fillos estudando neste centro educativo poñendo en coñecemento a reunión mantida o pasado vernres, 14 de setembro, na que a alcaldesa de Santa Comba informou aos presentes das xestións iniciadas coa Consellería e da existencia dunha cita pendente para tratar o tema. "A maiores un grupo de pais e nais e a ANPA tamén teñen solicitadas citas polo mesmo motivo. Por todo isto non entendemos que o venres (14 de setembro) se dea a orde dende a Inspección de Educación ó profesorado de reagrupar os cursos e refacer toda a programación escolar candose está pendente de que a Consellería escoite a nosa postura", sinalan na carta. Ante esta situación, as familias afectadas decidiron que nin onte luns nin hoxe martes mandarían os seus fillos e fillas á escola xunto cunha concentración diante do centro de ensino que tivo lugar onte. Dende a ANPA convidana que todos os pais e nais se unan á iniciativa xa que a situación afecta a todo o alumnado. Fonte

comentarios