Sábado. 14.09.2024
El tiempo

O científico xalleiro Ángel Carracedo recibe outra medalla pola súa implicación no accidente de Angrois

O científico xalleiro Ángel Carracedo recibe outra medalla pola súa implicación no accidente de Angrois
Carracedo recibindo a Medalla do Colexio de Medicos da Coruna

Non para recibir premios Ángel Carracedo, probablemente a cabeza máis visible e importante da ciencia galega. Un home que desestimou ofertas millonarias de media Europa para ficar na súa casa e así poder facer país. Non só a base de investigación, sendo un dos máis importantes investigadores científicos de toda España, senon tamén para facer divulgación, como xa temos comprobado en numerosos centros de ensino da bisbarra.

Desta volta foi o Colexio de Médicos de A Coruña o que premiou ao xenetista Carracedo, pola súa implicación na identificación dos cadáveres da catástrofe de Angrois. O propio mestre recoñecía con estupor aqueles momentos difíciles, onde “vía como ía morrendo xente ao meu paso”.

O catedrático de Medicina Legal e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica compartiu a Medalla de Ouro e Brillantes do Colexio de Médicos da Coruña co resto de médicos que auxiliaron as vítimas do accidente ferroviario, representando todos “o mérito da sanidade galega”, como destacou o propio presidente da Xunta. Tivo verbas con destino á Xunta o xentetista, recomendando que deixen de recortar en persoal para a investivación, pois “un bo investigador é sempre rentable aínda no curto prazo”.

Só lle queda o Nobel a Carracedo, pero todo se andará!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios