Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Instituto de Baio segue recibindo visitas ilustres

O Instituto de Baio segue recibindo visitas ilustres
O-Doutor-Carracedo-na-sua-visita-ao-IES-de-Baio

Xa estivemos aló canda a completa Semana Cultural. Pero é que esta xente de Baio non para de recibir visitas interesantes. Desta volta, foi o Dr. Ángel Carracedo, Catedrático de medicina legal da Universidade de Santiago de Compostela, unha eminencia mundial en xenética de poboacións e medicina forense, o que estivo no IES “Maximino Romero de Lema” Baio o pasado mércores para achegar aos alumos parte das súas investigación. Un luxo, dende logo, para estes alumnos baieses.

A súa conferencia, recorreu desde a descrición do ADN, a súa secuenciación nos humanos no proxecto “Xenoma Humano”, ata distintas variabilidades deste. A súa importancia en medicina legal: Probas de paternidade, e búsqueda de sospeitosos, así como a variabilidade nas poboacións e individuos e por tanto a súa aplicación en detección de enfermedades e mellora nos tratamentos dunha maneira específica (farmoxenómica).

A conferencia foi amena, divertida e moi didáctica e alumnado quedou entusiasmado co relator. O posterior coloquio co alumnado foi moi dinámico. "Mágoa de non ter máis tempo!", lamentan os organizadores.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios