sábado. 10.05.2025
El tiempo

O Conservatorio de Música de Carballo xa ten o seu calendario

O Conservatorio de Música de Carballo xa ten o seu calendario

O alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Carballo debe anotar varias datas na axenda de setembro. A primeira é a do martes 19, xa que para ese día está programada a presentación do curso. O acto oficial celebrarase ás 20 horas no auditorio do Pazo da Cultura, coa asistencia do alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Educación, Mar Eirís, e o equipo directivo do CMUS.

As clases no CMUS de Carballo non empezarán ata o luns 25, pero este día 19 daranse a coñecer os horarios de todas as materias grupais, pero os horarios de cada una das especialidades escolleranse con cada profesor entre os días 20 e 22, segundo o seguinte calendario.

                                                        MÉRCORES 20

17:00 h

Luís Currás (Guitarra)

Aula nº 5 do 2º andar

17:00 h

Alejandro Blanco (Guitarra)

Aula nº 5 do 2º andar

17:00 h

Isabel Diego (Percusión)

Aula de Conxunto Instrumental

17:00 h

Mª Paz Fernández (Piano)

Salón de Actos

17:00 h

Javier Bardanca (Trompeta, Fliscorno,Trompa)

Aula nº 4 do 2º andar

18:00 h

Arturo Centelles (Trombón, Tuba)

Aula nº 2

18:00 h

Rafael Espido (Clarinete)

Aula nº 5

19:00 h

Música de Cámara

Aula nº 5 do 2º andar

                                                              XOVES 21

17:00 h

Isaura Rey (Frauta)

Aula nº 4

17:00 h

Eduardo Coma (Violín, Viola)

Aula nº 4 do 2º andar

17:00 h

Sergio Pérez (Saxofón)

Aula nº 1

                                                            VENRES 22

17:00 h

Juan Otero (Acordeón, Cello, Contrabaixo)

Aula nº 5 do 2º andar

18:00 h

Juan Otero (Piano complementario)

Aula nº 5 do 2º andar

19:00 h

Juan Otero (Acompañamiento, RTA)

Aula nº 5 do 2º andar

17:00 h

Mario Seoane (Gaita)

Aula nº 9

A asistencia ás presentacións é imprescindible para elixir horario. No caso contrario asignaranse de oficio.

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios