Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Hostaleiros da Costa e Santiago unen forzas por un mellor servizo de transporte

Hostaleiros da Costa e Santiago unen forzas por un mellor servizo de transporte
Hostaleiros de Fisterra e Muxia cos de Santiago

Importantes conclusións as que nos achega Hostalería Compostela sobre a última xuntanza que veñen de ter cos empresarios do sector turístico do Camiño de Fisterra e Muxía. Xuntos, traballan para mellorar as comunicacións entre Santiago e a Costa da Morte e poder darlle servizo de transporte colectivo aos peregrinos. E non será porque non o levamos denunciado

Os empresarios mantiveron esta semana un encontro con Monbus para intercambiar información, analizar posibles melloras nas conexións e dar resposta ao incremento na demanda de medios de transporte derivada do sector turístico. Ademais, e debido a que neste momento na concesión da empresa non hai autorizadas expresamente expedicións directas de Muxía a Fisterra e viceversa, Hostalería Compostela envíou un escrito á Dirección Xeral de Mobilidade para solicitar reforzos nos servizos existentes, máis expedicións entre a Costa da Morte de Compostela e unha conexión directa entre Fisterra e Muxía para atender aos peregrinos.

Para os empresarios do sector turístico é esencial darlle resposta a este incremento na demanda e mellorar as conexións tendo en conta o despegue que está a vivir esta ruta xacobea nos últimos tempos, polo que confían na sensibilidade da administración neste asunto de vital importancia para a zona e na posibilidade de establecer o antes posible a conexión directa por bus entre Fisterra Muxía e mellorar igualmente a conectividade dentro da Costa da Morte e entre esta zona.

Novas relacionadas

Fonte

  • Hostalería Compostela.

Comentarios