martes. 13.05.2025
El tiempo

O DAC-Outono Cultural da Deputación leva a Gala da Irmandade a Santa Comba

O DAC-Outono Cultural da Deputación leva a Gala da Irmandade a Santa Comba
caxade-dac-outono-curltural A banda de Alonso Caxade actúa na Gala da Irmandade A "Gala da Irmandande", que se enmarca dentro do programa de espectáculos teatrais que está a desenvolver a Deputación da Coruña durante os meses de novembro e decembro DAC_OutonoCultural, chegará este domingo 18 de decembro ás 19 horas ao edificio multiusos de Santa Comba. Esta fin de semana serán as últimas representacións desta iniciativa cultural posta en marcha pola área de Cultura do organismo provincial para achegar as figuras de Castelao, Irmandades da Fala e Manuel María a un público de todas as idades en 18 concellos da provincia. Artistaswhatsapp-image-2016-12-14-at-12-58-34 A obra conta cun elenco de grupos e artistas de primeira fila ademais dun artista ou colectivo do tecido local que estará presente na gala, achegando a súa calidade dende un concepto aberto no que se mesturarán diferentes artes: música, teatro, poesía, pintura... Na Gala da Irmandade participa a compañía ‘Maquinaria pesada’, a banda de Alonso Caxade coa súa música ao vivo, ‘Os Quinquilláns’, Mago Teto, ‘Boneca Lareta’ de Luís Iglesia e Xabier Deive, Mónica de Nut e Ánxela Blanco, ademais dunha representación de artistas de cada localidade. Na representación en Padrón, a artista Paula Quintás substitúe a Ánxela Blanco. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación da Coruña

Comentarios