Venres. 29.03.2024
El tiempo

O éxito das visitas teatralizadas á Casa do Pozo deixan a porta aberta á chegada de grupos baixo demanda

O éxito das visitas teatralizadas á Casa do Pozo deixan a porta aberta á chegada de grupos baixo demanda
Visita teatralizada no Pazo do Xallas Visita teatralizada na Casa do Pozo Preto dun centenar de persoas puideron gozar estes 26, 27 e 28 de marzo das “Pegadas na Terra do Xallas”, as visitas teatralizadas levadas a cabo na Casa do Pozo polos alumn@s Obradoiro de Emprego Proturismo2017. Unha actividade turística que pretende amosar o contido do Museo Terra do Xallas dende unha óptica diferente, combinando humor e historia, para poñer en valor e visibilizar os recursos e a historia da vila xaleira. Os alumnos, caracterizados de diferentes épocas, reencarnaron dende os fundadores da Casa do Pozo até o párroco Don Joaquín, que relataron en primeira persoa as vivencias propias da súa época. Alumnos do Obradoiro Prototurismo no Pazo de Xallas Alumnos do Obradoiro Prototurismo moi caracterizados Fantástico o traballo de dinamización xalleira do Obradoiro, pois ademais de poñer a funcionar a oficina de turismo, recuperan o valor patrimonial do Pazo con estas visitas, que poden servir de exemplo sobre como se recuperan estes pazos. De feito, despois da boa acollida por parte do público, o Obradoiro de Emprego contempla realizar de novo estas visitas a grupos baixo petición. Para este fin facilitan o número de teléfono 663202251 e o enderezo electrónico [email protected].
Moi traballada a posta en escena das visitas teatralizadas no Pazo de Xallas Moi traballada a posta en escena das visitas teatralizadas na Casa do Pozo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios