Mércores. 27.10.2021
El tiempo

O larachés Xosé Cotelo é o novo responsable da Mesa na zona de Bergantiños

O larachés Xosé Cotelo é o novo responsable da Mesa na zona de Bergantiños

Xosé Cotelo será o novo responsable da Mesa pola Normalización Lingüística da zona de Bergantiños. O larachés substitúe no cargo a Silvana Castro, veciña de Carballo e profesora de Lingua e Literatura Galega, que desenvolveu a representación da Mesa na comarca nos últimos anos, compartindo o posto co actor da comarca de Fisterra Artur Trillo.

Xosé Cotelo está vinculado desde hai anos á Mesa a través da súa participación activa no grupo de traballo comarcal de Bergantiños e na plataforma Queremos Galego. Alén diso, a súa implicación activa noutros movementos sociais como o veciñal é constante: de feito, ata hai pouco a presidencia da Asociación Veciñal A Cutareira, da parroquia larachesa de Torás.

O novo responsable da delegación bergantiñá da Mesa, coordinará ás socias e socios da entidade dos concellos de Carballo, A Laracha, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Cabana de Bergantiños, Ponteceso e Laxe.

Os obxectivos de traballo inmediato da Mesa na zona de Bergantiños son, por unha parte, aumentar a afiliación á asociación como mellor xeito de facer da Mesa un “instrumento útil” para defender o galego “frente aos ataques do goberno da Xunta” e, por outra, ofrecer “apoio e asesoramento” frente á “desprotección” que padecen as persoas que queren “vivir en galego” e porén ven como o uso normal da nosa lingua continúa a ser en moitos ámbitos unha “verdadeira carreira de obstáculos”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Mesa pola Normalización.

comentarios