O outono enche de citas a #AxendaCostadaMorte

07:15 07/10/16

Nesta finde, agás o venres e só pola mañá predominarán os ceos despexados. Nos arredores de Malpica teremos máis nubes o sábado, pero en xeral ceos azuis e vento do nordés, que por momentos soprará moderado.
Temperaturas frescas o venres, o sábado subirán 1-2 graos entre Fisterra e Muros e o domingo esa mesma subida ocorrerá en toda a Costa, polo que o domingo nese litoral sur falaremos de máximas aorredor dos 23 graos, polo que no mediodía e primeira hora da tarde veremos a xente na praia.
Continía o sol o luns e atentos á evolución do tempo na web a partir do martes. FIOT 2016 O teatro, as risas e a gastronomía serán os principais protagonistas desta fin de semana en Carballo con motivo do Festival Internacional Outono de Teatro – FIOT – .
- O auditorio da casa da Cultura de Carballo acolle hoxe a preestrea da obra "Iván Off" de La Casa de la Portera. A función comeza ás 21 horas e o custe da entrada é de 10€.
- Tamén hoxe, a partir das 23:30 horas, o bar A Barra acolle o peculiar concerto de "Píscore". A entrada é de balde.
- A Rúa dos Contos volve mañá a Carballo con dúas sesións. A primeria será dobre coa actuación de Rafael Maza (ás 21 horas) e a continuación será o turno de Ricki López (ás 22:30 horas). O custo das dúas sesións é de 5€ e será no segundo andar do mercado municipal. Un pouco máis tarde, a partir da media noite, a Rúa dos Contos trasládase á cervexaría Dublín con Igmig. O custo da entrada é de 3€.
- A programación de sala volve o domingo, día 9, coa obra "Rinconete y Cortadillo" de Sexpeare Teatro. A función será ás 21 horas no auditorio do pazo da Cultura e o custe da entrada é de 7€.
- Cee. Mar Llinares García – doutora en Xeografía e Historia pola USC – ofrecerá mañá, ás 20:30 horas na casa da Cultura de Cee, unha conferencia sobre “Os outros habitantes de Galicia: mouros e mouras na Costa da Morte”. A charla está organizada pola Fundación Fernando Blanco de Cee con motivo do Mes da Fundación.
- A compañía Axouxere Teatro trae mañá a Vimianzo a súa obra Eroski Paraíso con Miguel de Lira como un dos protagonistas. A cita é as 21:30 horas na casa da Cultura e o custe da entrada é de 5€ para o público en xeral e 2,5€ para maiores de 65 anos e estudantes. A función enmárcarse dentro da programación do cultural para este outono que oferta o concello de Vimianzo.
- A casa de Pedra de Camariñas, acolle mañá sábado, ás 21 horas, o monólogo "Carlos Blanco ao Vivo (de momento)". O custe da entrada é de 5€ e pódense retirar na biblioteca municipal de Camariñas.
- A rúa dos pubs de Santa Comba estará amenizada este sábado pola orquesta El Combo Dominicano que actuará a partir das 23 horas.
- En Cereo (Coristanco) celebran esta fin de semana as festas do Rosario. Mañá haberá verbena co grupo Nueva Fuerza e coa disco móbil CDC. O domingo será o turno do dúo Libertad que actuará durante a sesión vermú.
- A parroquia camariñana de Arou estará mañá de festa no honra de san Roque. Ademais dos actos relixiosos haberá sesión vermú e verbena amenizada pola orquesta Escaparate e o a disco móbil Impacto.
- O albergue Portaventosa de Lira acolle hoxe, a partir das das 21:30 horas, o concerto de Coso Carnóbrigo, un grupo carnotán de meta.
- O centro cívico de Malpica acolle durante todo o mes de outubro a exposición fotográfica de Marcos Rodríguez “Asunción, María e José”. Cada unha das fotos conta unha historia vital, que invita a viaxar no tempo, sentir o calor da lareira, o peso das zocas nas lameiras, o suor tras unha dura xornada de traballo na leira…
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, poderanse visitar os venres, sábados e domingos de 11 a 19 horas.
- A Asociación Animalista Anajata organiza un rasto solidario que terá lugar este sábado de 10:30 a 20:00 horas no Curro da Praza de Muros e en caso de que chova trasladarase ao mercado de Abastos.
- Este domingo, o local social da Pomba de Erbecedo acolle unha homenaxe que lle rinde o concello de Coristanco ás cantareiras e bailadoras de Silván.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).