Venres. 29.03.2024
El tiempo

O parque infantil do CEIP A Cristina completa os investimentos do Concello nos colexios

O parque infantil do CEIP A Cristina completa os investimentos do Concello nos colexios
A Brigada Municipal de Obras está aproveitando as vacacións de Nadal para instalar un parque infantil no CEIP A Cristina, completando deste xeito os investimentos realizados ao longo do 2017 nos colexios polo Concello de Carballo. O departamento da concelleira Mar Eirís atendeu todo tipo de peticións, desde pequenos arranxos de fontanería ou electricidade ata investimentos máis importantes como o cambio de ventás. Neste caso, por poñer un exemplo, a área de Educación renovou as tubaxes da calefacción, pintou o interior do ximnasio, cambiou a cuberta do patio exterior ou renovou o portalón de acceso, atendendo ás solicitudes presentadas desde o propio centro. O parque infantil era outra das demandas da comunidade educativa á que estamos a dar resposta. Este ano renováronse todas as ventás da escola de Cances e 14 do CEIP Bergantiños. Obras no Parque do CEIP A Cristina en Carballo Outra das peticións que se repite é a relativa ao pintado, tanto exterior coma interior, dos coles. No ano 2017 realizouse un importante investimento en pintura, o que permitiu, por exemplo, cambiar por completo a imaxe de escolas como a de Cances. O desembolso realizado pola Concellería de Educación nestas pequenas actuacións supera amplamente os 100.000 euros. Pero, desde o departamento de Educación aténdense temen outras demandas que afectan a todos, como os controis periódicos da calidade da auga, a limpeza dos areeiros ou as accións de desinfección, desinsectación e desratización. Xunto con todas estas pequenas melloras, desde o Concello de Carballo tamén se están a impulsar outros proxectos que repercuten directamente na calidade dos nosos centros de ensino. Neste momento están en execución as obras de peche o pavillón do CEIP Xesús San Luís Romero, que supoñen un investimento doutros 100.000 euros. No ano 2017 tamén se acometeu a renovación dos pavimentos deportivos dos pavillóns do IES Monte Neme e o CEIP Fogar para adaptalos á normativa europea sobre seguridade e confort do deportista e facilitar a súa utilización tanto polo alumnado en horario lectivo como polas entidades deportivas despois das clases, o que supuxo un desembolso de 80.000 euros.

Comentarios