Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Pindo comeza a amar o mar dende a canteira

O Pindo comeza a amar o mar dende a canteira

Esta mesma tarde de venres 24 de xuño dá comezo o groso das VI Xornadas de Pesca Pindo Mariño, que este ano chegan co fermoso lema "Amar o mar". Unhas xornadas de dignificación e de achegamento á vida mariñeira, que xa son unha referencia en toda a bisbarra.

De feito, as xornadas xa comezaron esta semana con actividades diarias para os máis pequenos. De feito, a vila xa conta con canteira preparada para tomar o timón, logo de ter aprendido a facer nós, cestos e logo da sesión de cine mariñeiro de onte, coa pelicula " Apequena Serea" de X.H. Rivadulla e gravada en Quilmas.

Enorme programa

E esta tarde, a partir das 17:30h comezan as actividades, precisamente coa entrega de premios para os pequenos grumetes. A partir das 17:45h ábrese o telón das conferencias, da man de Mercedes Díaz Mayán, secretaria da Confraría de Pescadores do Pindo, que presentará o programa para as xornads.

Serán 3 días nos que coñeceremos as experiencias das propias mariscadores e mariñeiros, falarase de pesca sostible, actuacións musicais, fiadas, roteiros, degustación de productos do mar, e moitas outras cousas.

Máis información

Comentarios