domingo. 15.12.2024
El tiempo

O SEMESCOM sumérxese na rede e dixitaliza as súas obras

O SEMESCOM sumérxese na rede e dixitaliza as súas obras
A SEMESCOM dixitaliza as suas obras

Pesa un pouco máis a rede da Costa da Morte a partir de estes días. I é que subir todos os contidos que ten publicados o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) xa leva o seu tempo. A activa entidade, a que mellor coida o patrimonio costeiro, está dixitalizando todas as súas obras, para poñer á disposición do internauta a súa importante obra tanto bibliográfica como audiovisual creada ao longo de toda unha década.

A asociación que naceu co obxectivo de difundir, promocionar e dinamizar a cultura local das comarcas do finisterrae deixa unha ducia de libros e outra media de documentais ao alcance de calquera persoa interesada, co único esforzo de pulsar un botón a través da súa remodelada páxina web www.semescom.org.

A dixitalización da produción do SEMESCOM é un traballo que se foi realizando en distintas etapas. A primeira, durante o ano 2013, na cal se foron subindo á rede cada un dos libros editados pola asociación en formato PDF. Deste xeito, os arquivos adquiren un enorme valor ao permitir que en calquera dispositivo electrónico, tablet ou móbil intelixente se poidan consultar. E non só na casa, senón tamén no exterior, aproveitando as guías e rotas, e tamén na escola, como elemento didáctico.

Nestes momentos, a dixitalización atópase na súa segunda fase, coa carga dos documentais á Rede. A partir de agora, irase subindo un DVD cada semana á canle do SEMESCOM en Vimeo.

Material editado

Libros editados polo SEMESCOM:

  • Polas antas e mámoas da Costa da Morte (2006)
  • O conxunto etnográfico dos batáns e muiños do Mosquetín na Terra de Soneira (2007)
  • Actas da Ia Xornada sobre a figura de D. Juan Antonio Posse (2007)
  • Batáns e muiños do Mosquetín (Vimianzo). Guía breve (2008)
  • Dicionario de escritores e escritoras da Costa da Morte (2010)
  • Cando vos vexo, penedos. I certame de poesía sobre os Penedos de Pasarela e Traba (2010)
  • O hórreo atlántico ou fisterrán (2011)
  • Romarías da Costa da Morte (2011)
  • Iconografía xacobea nas igrexas e santuarios da Costa da Morte (2011)
  • Textos Literarios sobre a Costa da Morte (2011)
  • Guía dos Penedos de Pasarela e Traba (2012)
  • Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte (2012)

Documentais do SEMESCOM:

  • Ruta das antas da Costa da Morte (2008)
  • Os batáns de Mosquetins un conxunto etnográfico singular (2008)
  • Os penedos de Pasarela e Traba. A arte dos dedos do tempo (2009)
  • As imaxes de Santiago na Costa da Morte (2011)
  • Faros da Costa da Morte (2011)
  • Romaría da Barca (2012)

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios