O teatro apodérase da #AxendaCostadaMorte

07:10 20/11/15

- Malpica: Malasobra Produccións trae a súa obra “D.E.P.” ao centro cívico de Malpica dentro a XI Mostra de Teatro. A comedia, tantas veces representada na Costa da Morte durante os últimos meses, está dirixida a todos os públicos e é hoxe ás 20:30 horas.
- Santa Comba pecha hoxe o I Ciclo de Teatro coa obra "Tacóns na corda" da compañía Verdeveras. A actuación é ás 22 horas no Multiusos.
- Xa o sábado, o Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle ás 18:00 horas, o espectáculo infantil ‘Animundis’. Os máis miúdos, xunto cos seus acompañantes, poderán gozar durante case unha hora da proposta de Benjamín Queiro, na que por medio da música e o teatro se nos presenta a entretida historia dun pingüín e un paxaro. O custe da entrada é de 2,5€.
- Fisterra: A partir das 19 horas do sábado, os actores Luis Iglesia e Xabier Deive presentan seu lado máis salvaxe e divertido con Sede de Mal. Esta comedia, que terá lugar no salón de actos do concello, inclúese dentro do programa "Teatro Musiqueiro en Fisterra".
- "As Fillas Bravas" do grupo Chévere será a obra que acolle este sábado, ás 22:30 horas, o salón de actos do edificio das escolas de Ponteceso e que enmarca dentro do XXII Ciclo de Teatro.
- Pistacatro presenta o domingo, ás 18 horas no auditorio da casa da Cultura de Cee, o seu espectáculo de circo "Desperta!". Neste show infantil, a compañía afonda na identidade individual, no que nos iguala e no que nos diferencia, no que transcurre na intimidade dun baño cando ninguén mira.
- O teatro volve de novo o domingo ao centro cívico de Malpica. A escola de teatro Valle-Innova, da Fundación Valle Inclán, dirixirá dende as 11 horas unha serie de actividades lúdico-teatrais dirixidas a toda a familia. E xa pola tarde, ás 17 horas, a mesma escola de teatro ofrece o espectáculo infantil interactivo“Quiero ser un Valle-Inclán”, no que os rapaces e rapazas descubrirán os pormenores máis divertidos da vida de Valle Inclán e do mundo do teatro.
- Carballo continúa hoxe co seu progama "Novembro con música" e faino da man de Pres de Cambrai que chega cun concerto de música antiga-tradicional-fusión. Os integrantes da formación son músicos de consolidada experiencia no ámbito da chamada “música culta” e forman parte doutras agrupacións musicias de grande relevancia.
- A música invadirá de novo o sábado Carballo co Festival de Corais no que participan dúas das agrupacións de Carballo, de estilos moi diferentes, o Coro Aires de Bergantiños (con temas tradicionais galegos) e a Coral Polifónica de Bergantiños (dedicada á polifonía máis clásica)
- Os Alan Acoustic Project (en realidade, xa non tan acústicos) tocan hoxe, a partir das 23:59 horas, no Pub Nerio de Cee.
- Xa o sábado, volven a subir ao escenario da casa da Cultura os músicos de Vimianzo, esta vez tócalle o turno a Urko, Suso de Quinito e Druídas da Rolda (ainda que no cartel están anunciados outros grupos que finalmente non poden asistir). Esta actuación inclúese dentro do programa "Novembro Musiqueiro de Vimianzo".
- A casa de Cultura da Picota (Mazaricos) acolle o sábado ás 17 horas o concerto acústico de Jéssica Núñez. A entrada ten un custe de 3 euros.
- Tamén o sábado, a Banda de Música de Cee ofrece un concerto na casa da Cultura de Cee a partir das 20:15 horas.
- O restaurante Praia de Quenxe de Corcubión acolle esta fin de semana, dende a tarde de hoxe e ata o domingo 22 ao mediodía, unhas xornadas de elaboración de pinchos con setas. Ana Oca será a encargada de elaborar os pinchos a base de setas do domingo.
- O domingo, a partir das 16 horas, terán lugar na casa escola de Lires unhas xornadas adicadas ao cogumelo nas que se inclúen unha saída ao monte e unha charla didáctica con César Pérez e Andrés Rodríguez, de Pan de Raposo.
- O pavillon municipal de Laxe será o escenario da V Mostra de Artesanía e dun magosto popular que terá lugar o domingo a partir das 17 horas.
- En Carnés (Vimianzo) celebran a patir das cinco da tarde deste domingo un magosto no que no faltarán os xogos populares. Tamén farán por primeira vez un campionato do xogo da rá.
- Senda Nova percorre este domingo, 21 de novembro as Pegadas do Wolframio ao seu paso polos concellos de Carballo e Malpica. O percorrido, de 19 quilómetros, é de dificultade media. Os interesados poden anotarse no teléfono 696.155.232
- Tamén o domingo e de novo Senda Nova organiza ás 13 horas unha Xuntanza na Eiras das Meigas. No acto, baixo o nome Amor por Monte Neme, preténdese amosar o amor e os valores do Monte Neme.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)