venres. 16.05.2025
El tiempo

Os cativos, e os Reis Magos, os protagonistas do Programa de Nadal de Santa Comba

Os cativos, e os Reis Magos, os protagonistas do Programa de Nadal de Santa Comba
Nadal Santa Comba

Xa lle botamos un ollo ao Concurso de Escaparates e aos preparativos da Cabalgata (de feito temos preparado un especial da Cabalgata máis multitudinaria da volta), pero hoxe afondamos no Programa municipal de Nadal que o Concello de Santa Comba vén de perfilar.

Un programa completo, onde os cativos son os verdadeiros protagonistas. Ademais dos Reis Magos e Papa Noel, claro.

Feliciano xalleiro

Achegarase Papa Noel este venres polas escolas do Concello, pois saben que as vacacións arrincan xa. O venres pola tarde toca exposición de deubuxo e pintura, e quedará para a mañá este primeiro domingo do nadal o Concurso de panxolñiñas na Igrexa Parroquial.

O luns darase conta do Partido de Fútbol Solidario entre a Selección da Costa e o Coruxo, acto que organiza QPC e que se celebrará o día 30 en Fontenla.

Pero ademais, o Salón de Actos da Vivenda Comunitaria estará de Nadal Lúdio todas as cavacións.

Unha das citas máis singulares será o venres 2, co Feliciano dos 7 Magníficos mais 1. Haberá tempo para patinar sobre xeo, e a gran cita do Nadal xalleiro, a cabalgata de Reis, na que participan centos de veciños, e que percorrerá as rúas do pobo a partir das 18:00h rematando no Recinto feiral ca Gran Festa Infantil aí sobre as 19:30h.

Programas de Nadal

Outras novas de Nadal

Fonte

  • Redacción de QPC (Info@quepasanacosta.gal).

Comentarios