Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os centros educativos de Coristanco preparan o certame literario Asunción Antelo

Os centros educativos de Coristanco preparan o certame literario Asunción Antelo
Dentro das actividades relacionadas co día das Letras Galegas e como vén sendo habitual, os centros educativos de Coristanco traballan xa no Certame Literario Escolar Asunción Antelo, xusto cando se cumplen cinco meses do pasamento da Rexoubeira de Bergantiños. O certame está organizado polos centros educativos do municipio (CRA Novo Mencer, CEIP Bormoio-Agualada, CEIP Canosa-Rus e CPI Alcalde Xosé Pichel) en colaboración co concello. A convocatoria está dirixida aos alumnos e alumnas destes centros e contempla as modalidades de cómic, narrativa, poesía, monográfico e debuxo. Os traballos poden entregarse en ditos centros de ensino ata o vindeiro 12 de maio. A entrega de premios terá lugar o día 23 ás 12:30 horas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios