Os centros educativos de Coristanco preparan o certame literario Asunción Antelo
          
    08:05 03/05/17 
            
Dentro das actividades relacionadas co día das Letras Galegas e como vén sendo habitual, os centros educativos de Coristanco traballan xa no Certame Literario Escolar Asunción Antelo, xusto cando se cumplen cinco meses do pasamento da Rexoubeira de Bergantiños.
O certame está organizado polos centros educativos do municipio (CRA Novo Mencer, CEIP Bormoio-Agualada, CEIP Canosa-Rus e CPI Alcalde Xosé Pichel) en colaboración co concello. A convocatoria está dirixida aos alumnos e alumnas destes centros e contempla as modalidades de cómic, narrativa, poesía, monográfico e debuxo.
Os traballos poden entregarse en ditos centros de ensino ata o vindeiro 12 de maio. A entrega de premios terá lugar o día 23 ás 12:30 horas.
Novas relacionadas
- O Museo de Asunción Antelo espera cas portas pechadas a chamada das administracións
 - 31-12-2016: Pesar en Coristanco polo pasamento de Asunción Antelo.
 - 30-12-16: Faleceu Asunción Antelo. Bergantiños perde á súa Rexoubeira.
 - Asunción Antelo: Coñecendo á voz feminina creativa máis salientable das terras de Pondal.
 - Que ningún coristanqués quede sen coñecer a Asunción Antelo.
 - Unha visita contemporánea á Rexoubeira de Bergantiños polo Día da Muller
 - “Pero como fixo tantas cousas?”.
 - Unha visita moi didáctica á Rexoubeira de Bergantiños.
 - 2014: Unha copla polos 95 anos de Asunción Antelo, a Rexubeira de Bergantiños.
 - Vieiros 2008: Entrevista en vídeo con Asunción Antelo.
 
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
 - Concello de Coristanco