sábado. 15.03.2025
El tiempo

Os cines de Carballo, máis preto por Primavera

Os cines de Carballo, máis preto por Primavera
Primavera Cine en Carballo

Que se Semana do Libro, que se Contos de Taberna, que se webseries… ferve culturalmente Carballo. E hoxe coñecemos o programa Primavera de Cine, unha primavera patrocinada, en todo caso.

I é que a proposta é achegar os Cines Bergantiños á veciñanza. Así, Concello, a produtora galega que se fixo cos cines “Galicine” e a Deputación lanzan unha campaña.

Deste xeito, entre o 30 de abril e o 30 de xuño e presentando un ticket de compra de calquera comercio de Carballo ou de calquera dos supermercados Gadis da Costa da Morte (Cee, Camariñas, Vimianzo, Baio, Carballo e A Laracha) os interesados e interesadas poden conseguir as súas entradas para os Multicines Bergantiños de Carballo a un prezo de 4,90 euros.

Se ben a Warner desmárcase desta clase de campañas e non permite que as súas películas acepten rebaixas, os que si que se volcan son os comercios de Carballo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios