Os Reis traen a primeira #AxendaCostadaMorte do ano
02:04 05/01/18
Primeira fin de semana de 2018. E chega, como non podía ser doutro xeito, cargada de regalos. Nós temos un en clave cultural, resumindo aquí as citas singulares para estes días. Xa podedes ver en quepasanacosta.gal/axenda todas as citas debulladas pero tamén podedes ver o programa municipal de Nadal do voso concello, para ver como caen as Caalgatas.
Antes imos ver como vén o tempo para as cabalgatas e o resto de fin de semana, gracias ao parte de4gotas.com:
As Cabalgatas virán pasadas por auga. Especialmente as do litoral norte. Aí os chaparróns serán bastante frecuentes. No litoral oeste e no interior as chuvias serán máis espalladas no tempo.
Mañá e domingo a situación estará marcada pola entrada de aire frío durante o venres. Apenas se pasarán dos 10-12 graos en toda a Costa e haberá saraibadas e mesmo nas zonas máis altas da Costa da Morte podería verse auganeve na tarde do sábado e na madrugada do domingo.
Programas de Nadal
- Malpica: Concello e Asociacións arman un completo plan de Nadal en Malpica.
- Mazaricos: Cine, Cabalgata e solidariedade para o Nadal da MZ.
- Santa Comba: Santa Comba prepárase para un completísimo Nadal.
- Santa Comba: Este Nadal, Santa Comba elixe o comercio local.
- Zas: Música, teatro e humor para o Nadal zaseiro.
- Carnota, Camariñas e Vimianzo: Camariñas e Vimianzo presentan os seus programas de Nadal.
- Muros: Muros prepara un Nadal teatreiro e Solidario.
- Fisterra: Un completo Nadal teatreiro para Fisterra.
- Muxía: Muxía prepárase para o Nadal.
Citas da #AxendaCostadaMorte
- A noite do venres teremos un Monólogo na Ventana de Laxe.
Exposicións
- A Tenda Turística Stoupa acolle unha exposición que resume os Stoupidos do ano 2017, con artesáns de toda a bisbarra.
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
- Na Eira, en Ponteceso, Suso Lista expón a súa arte efímera na area do Osmo.
Máis información
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)