Os Venres Culturais enchen de vida Carballo


Continúa en marcha outro programa cultural carballés de primeira calidade. Teatro, música, exposicións, eventos tecnolóxicos, estreas… Impresionante o traballo do Concello de Carballo para con estas propostas, facendo que a xente se acostume a ir ao Pazo da Cultura a disfrutar do mellor nivel de toda Galicia.
Xa temos todas as citas debulladas no calendario da #AxendaCostadaMorte, pero imos seguir repasando un pouco como comezou esta pasada fin de semana, e como se presentan estes máis de 3 meses de actividades.
Arrincaba o programa nada menos que con Talía Teatro, e a súa Demolición. Cheo completo que lles deparou un bo sabor de boca aos Toño Casais e Artur Trillo, que así entenden Carballo:
Teatro e música de primeiro nivel
Hai que destacar a presenza de Grupo Chévere, compañía que ten no actor Miguel de Lira (en cartel nos cines con "A Esmorga") a súa cabeza máis visible e que ten recibido recentemente o Premio Nacional de Teatro, sendo a primeira compañía galega á que lle conceden este galardón. Ou do dramaturgo, actor, narrador oral e director Cándido Pazó, que recibiu en 2014 o Premio da Cultura Galega no apartado de artes escénicas. En música volve o RockCarballo e o programa conta con dous dos galardoados nos premios Martín Códax da Música, Fran Pérez NARF que o recibiu en 2013, e Acadacanto, en 2014.
Hai ademais outras iniciativas, como o Un congreso internacional tecnolóxico Tedx.
Exposicións

Máis información

Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Carballo.