Percorrendo as historias de inverno de Bergantiños
Que fermosas son estas citas coas lendas e as historias a carón da lareira. Este pasado sábado foron Ramón Ferreiro, Fernando Lorenzo e Francisco Blanco os que levaron a máis de 30 persoas de viaxe polo tempo dende a Escola de Romelle ata ás escolas bergantiñás dos anos 30. Gracias a Senda Nova e á asociación Barolo pequenos e maiores gozaron desfrutaron da sabedoría popular destes 3 lonxevos homes.
Non paran aquí as Historias de Inverno, pois este mércores toca parada en Sísamo-Carballo. O encontro terá lugar na Escola Unitaria de Oza a través das narracións de Jesús Pombo Suárez e Ramón Abelenda López. Presentaranos Carmen Rey Varela.
O Apalpador
Por outra banda, o vindeiro domingo día 8 de xaneiro, o Apalpador despedirase das terras da Costa da Morte dende o Local social do Santiaguíño de Carreira, en Zas. O carboeiro baixará dos montes de Pico de Meda para agasallar aos nenos e nenas qiue se acheguen ao local social, onde agardarán durante a tarde a través de xogos populares, cancións e outras dinámicas de coñecemento da figura do Apalpador. A participación será libre.
Novas relacionadas
- Senda Nova afianza a súa necesaria aposta pola formación ambiental:
- 2015: Maiores e pequenos manteñen vivas as Historias de Inverno.
- 2014: Escoitando aos avós á calor da lareira.
Fonte
- Senda Nova.