Pérez Tapias fala coa AMEGA sobre o Process
10:47 12/12/17
Tempos Novos vén de realizar unha entrevista a Pérez Tapias, compartida por todos os membros da AMEGA
Verso solto no PSOE, ma non troppo, pois como candidato de Izquierda Socialista conseguiu no 2014 o 15% dos votos nun congreso extraordinario do partido tendo en fronte a Pedro Sánchez e a Eduardo Madina. José Antonio Pérez Tapias (Decano de Filosofía da Universidade de Granada e membro do comité federal do PSOE), nas antípodas de Susana Díaz, rexeita por “dogmática” a afirmación da “indisoluble unidade de España”.
Na entrevista concedida a TEMPOS NOVOS (medio pertencente á AMEGA), sostén que o Estado das Autonomías de 1978 está esgotado. Propón un proceso constituínte, retomar a idea de referendo legal para Catalunya e o impulso dun Estado plurinacional, con pleno recoñecemento das nacións do Estado, nomeadamente Catalunya, Euskadi e Galicia. “Necesitamos resolver a cuestión das nacións”, conclúe o díscolo e reflexivo militante socialista.
- Vostede, ademais de político a contracorrente, é filósofo… Quizais por iso ten comentado que para mito a “unidade indisoluble da nación española”?
- É o mito da nación española eterna…
O PSOE, a aplicación do 155 e un referendo pactado
- En España, no Estado español, prisión para independentistas pola DUI, en Bruxelas, liberdade… É máis garantista o sistema belga?
- O PSOE apoiou a aplicación do artigo 155. Foi un erro? Cre que o entenden as bases que recolocaron a Pedro Sánchez á fronte do partido?
- O artigo 155 ‘vendeuse’ como algo inevitable…
- En Catalunya, o PSC sácase fotos cos restos da conservadora Unió, cando nun pasado non moi afastado os socialistas catalás estaban no tripartito. Son solubles estas contradicións?
- Como sería ese referendo?
- O alcalde de Terrassa rachou o carné do partido. Outros dirixentes socialistas cataláns tamén teñen dimitido. Ve vostede posible que o PSOE gañe eleccións xerais sen o apoio do PSC?
A prol dunha moción de censura e dunha federación plurinacional
- Equivócase Pedro Sánchez con Catalunya? A reforma constitucional que propón o PSOE resulta nestes momentos incerta. Hai quen cre que pode ser unha xogada lampedusiana, para que nada cambie…
- Vostede é federalista, republicano, e defende un Estado plurinacional. Cre que Catalunya, Euskadi e Galicia poderían ter un encaixe confederal?
- Puigdemont está gañando moitos enteiros en internacionalizar o conflito catalán ou esa estratexia de “exilio” era quizais para outro escenario?
- As expectativas de aproximación PSOE-Podemos están irreversiblemente tocadas?
- Despois das eleccións catalás habería que convocar unhas xerais?
- Extracto da entrevista realizada por Luís Villamor publicada no número 247, decembro 2017, da revista Tempos Novos, e publicada en todos os medios da Asociación de Medios en Galego (AMEGA).
Novas relacionadas
- Maio 2017: Un día do galego para os medios en español.
- QPC, exemplo dos micromedios que collen pulo na Internet galega.
- Os Medios en Galego reivindican no Culturgal a trasparencia nas axudas públicas.
- AMEGA denuncia a exclusión de medios en galego das axudas institucionais.
- Construíndo o futuro dos medios en galego.
- A Amega denuncia a política de publicidade institucional da Xunta ante expertos europeos.
- A Asociación de Medios en Galego reclama máis transparencia cunha proposta de Lei de Publicidade Institucional.
- A AMEGA, en contra da devastación dos nosos montes.
- A Xunta comprométese a traballar coa Asociación de Medios en Galego.
- Un bo ano para os medios en galego.
- A Asociación de Medios en Galego presentouse aos catro Grupos Parlamentares.
- 17 de maio: A Xunta “pasa” do galego.
- En marcha a Asociación de Medios en Galego con participación costeira.
- Nace a Asociación de Medios en Galego coa presencia de QPC.