Pola volta da Aguia Xoana á súa Cova

19:39 16/07/13
Descúbrenos hoxe a activa Asociación Monte Pindo Parque Natural algo sobre a lenda da águila Xoana, a última águia real que aniñou no Monte Pindo, hai arredor de medio século.Tempos nos que a águia real (Aquila chrysaetos), entre outras especies de aves, mamíferos e réptiles convicían cos "escapados", e que tamén eran consideradas alimañas pola suposta ameaza das reses uns e da raza outros.
O caso é que, segundo nos contan dende a entidade, "o réxime franquista abriría contra elas unha veda cruel que remataría con moitas desas especies en perigo de extinción, e cunha desmerecida fama de animais malignos e superpoboados que aínda chega ata os nosos días en casos coma o do lobo, o porco bravo ou o raposo".
"O fogar elixido para aniñar por esta especie fermosa, de porte rexio, fora o máis alto dunha fabulosa cova que atravesa de lado a lado un dos outeiros do Monte Pindo máis difíciles de gabear, tamén chamada Revertedemos polos cultos máxicos que ali din que se celebraban; de feito, este lugar considerábase o punto de reunión das bruxas do entorno, que logo de desenvolver os seus ritos e invocar os seus demos arredor da fogueira arrincaban voando nas súas vasoiras por enriba do Chan das Lamas para atemorizar a bisbarra. De feito dise que o nome de Xoana, que tamén acabou bautizando a súa cova, puido ser posto en referencia ás xanas ou xianas, fadas de auga doce da mitoloxía asturleonesa. Pero isto xa é lenda", explican.
A lei franquista finalmente aprobada contra os animais considerados alimañas saldouse con preto de 700.000 animais mortos, sobre todo aves. No que toca á nosa Xoana, en só sete anos os alimañeros conseguiron acabar con 1207 exemplares de Aquila chrysaetos, e malia que fracasaron no seu empeño de erradicar definitivamente a especie, entrou en perigo de extinción e nalgúns lugares conseguiron o seu macabro obxectivo.
Pola volta da Aguia Xoana
A entidade remata o repaso con ilusión, apuntando que están a "preparar un ambicioso proxecto que busca a restauración da cadea trófica e da cuberta vexetal do Monte Pindo cercenadas por décadas de incendios, abandono e exterminio, para que se den as condicións naturais necesarias para que Xoana, este símbolo do que non se debe volver a repetir nunca, por fin poida volver á súa casa".
Estaremos atentos!
![]() |
Cova Casa da Xoana. Foto-MPPN. |
Novas relacionadas
- 2010: Atopan posibles fósiles mariños no Monte Pindo.
- O Castro de Mallou, o novo Proxecto dos Mouros.
Fonte
- Asociación Monte Pindo Parque Natural