Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Premios globais da Nordés

Premios globais da Nordés
Premiados da Gala Nordes

A Casa da Cultura de Olveira acolleu onte unha emotiva Gala dos Premios Nordés. O momento máis destacado da noite protagonizouno Perfecto Marcote recordando algunhas das anecotas da sua vida na emigración.
A Gala foi conducida polo locutor da emisora José Manuel Mira o punto humorístico pusoo Angustias, persoaxe revelación do ano no programa magazine Vivindo a Costa da Morte. Éxito tamén para a actuación do rapeiro ceense Leo KCH que presentou o seu disco “Gritos en Silencio”, ao remate todolos asistentes poideron desfrutar dunha degustación de diferentes produtos.

Ademais, o Nordés das Artes corespondeu ao Músico Daniel Romar, o da Divulgación para o director do Hostal dos Reyes Católicos Julio Cesar Castro, o Nordés aos emprendedores para a explotación gandeira Busto Corzón, o do deporte para o equipo cadedete de Dumbría e o da Audiencia para a Asociación Monte Pindo Parque Natural, por diante do Clube de Xadrez Cabo Touriñán.

Premio Nordés - Perfecto Marcote Marcote

Nacido en Fisterra en 1922, foi o primeiro fisterrán en emigrar a Perú para onde partiu no ano ’48. Traballou en varias empresas até que mercou un barco xunto a un amigo, anos despois un temporal afundiulles a embarcación polo que toma a decisión marchar para Arxentina, instálandose definitivamente en Buenos Aires no 1957.
Traballou na Marina Mercante Arxentina até a súa Xubilación, momento no que se dedicou á tarefa social. Foi Vicepresidente da Sociedade Finisterre en América, fundou o Centro Galego de Xubilados e Pensionados da República Arxentina do que foi Presidente.
A partir da crise económica Arxentina do 2001, presta atención e cobertura ás familias máis necesitadas da zona de Avellaneda. Persoa a persoa dedicouse a visitar a moitos galegos maiores contribuindo a paliar as súas cesecidades.
Froito dese esforzo o Centro Galego de Xubilados e Pensionados foi nomeado colaborador da Embaixada Española e escollido pola Consellería de Emigración da Xunta de Galicia para ubicar unha oficina de atención social dendo a que se empezou a repartir medicamentos, alimentos, material xeriátrico, cursos de formación, charlas de prevención ou asesoramiento de axudas do goberno, Español, Arxentino e Galego.

Escribe poesía, coñeceu ao pai do Che Guevara co que estivo en varias ocasións e dende o ano 2010 reside en Fisterra, a terra que o veu nacer onde retornou para descansar.

O Nordés das Artes - Daniel Romar Sambade

Músico, Compositor e Lutier. Estudou Grado profesional de gaita e folclore galego, Grado superior de composición, estudos oficiais de frauta de pico e interpretación de repertorio antigo historicamente documentado. Actualmente é profesor na escola de música de Cee, Editor de libros de musica antiga, colabora no proxecto audiovisual color sonoro con membros dos conservatorios superior de musica e de danza da Coruña xunto a membros da escola de imaxe de son. Garda tempo para recuperar instrumentos antigos e compoñer pezas como “Fantasía concertante para gaita e banda” premiada cun galardón de prestixio internacional como o Constantino Bellón.

Nordés do Deporte - cadetes do club de fútbol Dumbría

Na pasada temporada acadaban un feito histórico, o ascenso por primeira vez para un quipo da bisbarra á categoría de honra cadete. E fixérono só un ano despois da chegar á liga galega, 2 ascensos consecutivos que son a consecuencia de combinar unha excelente xeración de xogadores, un equipo técnico entregado e profesional xunto cunha filosofía de club seria e constante que xa empeza a chamar a atención dos mellores clubs nacionais como o At. de Madrid co que en breve empezará a traballarse no proxecto dunha escola deportiva.

Nordés aos Emprendedores - explotación gandeira Busto Corzón

Referencia no sector lácteo a nivel internacional, unha das primeiras granxas europeas en lograr a máxima distinción de calidade en seguridade alimentaria, a ISO 22000:2005.
Que varios emprendedores se unan para levar adiante un proxecto común xa merece un premio, que o fagan na zona rural aínda máis, Ao facelo con seriedade, coa máxima ambición en innovación tecnolóxica, resulta inevitable que se converta nun exemplo, nun referente de cómo mellorar a calidade de vida do sector primario sen renunciar ás orixes e a tradición cultural dunha zona liderando a modernización do sector lácteo na Costa da Morte. Unha explotación gandeira de ultima xeración Escollida pola cooperativa Feiraco para que nenas e nenos de toda Galicia coñezan de onde ven o leite.

Nordés da Divulgación - Julio Cesar Castro Marcote

Unha referencia no sector turístico que non esquece os seus inicios no negocio familiar Casa Lestón en Sardiñeiro, Fisterra. Pilar indiscutible en Paradores, foi o Responsable da posta en marcha do parador de turismo de Ribas do Sil, dirixiu o de Monforte e a día de hoxe dirixe o de Ferrol, Vilalba e o hotel mais antigo do mundo o Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela nomeado ai pouco mellor parador de España. Dende aí exerce como ninguén de embaixador da Costa da morte, presumindo e transmitindo aos miles de turistas e peregrinos as bondades da súa terra, contribuíndo dende ese punto clave a que a prolongación do camiño de santiago cara a costa sexa cada día mais coñecido.

O Nordés da Audiencia

Monte Pindo Parque Natural e Clube de Xadrez Cabo Tourinan compartindo o Nordes da Audiencia

O premio que se concede por votación popular dos ointes de Radio Nordés Cadena Ser correspondeu á Asociación Monte Pindo Parque Natural. Por detrás quedou o activo Club de Xadrez Cabo Touriñán.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Radio Nordés.

Comentarios