Primeiras probas de Sicixia na gran pantalla

Primeria proxeccion do filme Sicixia para facer as probas de cor Sicixia, a película rodada nos últimos meses na Costa da Morte, chegou hoxe á gran pantalla. Tratouse de "un pase privado e técnico para ollar a cor", tal e como indicou o director do filme, Ignacio Vilar.  Despois de un mes traballo na sala de postproducción, acudiron a esta primeira proxección o director de fotografía, o colorista e Nacho Vilar. Esta "primeira" proxección de Sicixia realizouse na sala 1 dos cines Gran Vía de Vigo. Os espectadores deberán de esperar ata o 21 de novembro - tal e como reñocera Vilar nunha entrevista en QPC - para ver o resultado final da película.

Máis información

Novas cinematográficas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)