Venres. 26.04.2024
El tiempo

O filme Costa da Morte, Premio Especial 2015 dos Premios Feroz

O filme Costa da Morte, Premio Especial 2015 dos Premios Feroz
Cartel do filme Costa da Morte, de Lois Patiño

Segue triunfando o filme de Lois Patiño Costa da Morte. Cos Goya en mente, e despois de percorrer medio mundo a base de festivais e mesmo invadir a gran pantalla suma un novo galardón, e xa van 14 despois daquel primeiro recibido no Festival de Locarno en 2013.

Costa da Morte recibirá o “Premios Especial 2015” dos Premios Feroz, concedidos pola Asociación de Informadores Cinematográficos de España. Os informadores valoran a película “polos seus planos pictóricos, o seu uso do son e o discurso sobre a paisaxe e o paisanaje dunha zona de Galicia mítica e máxica”. Este galardón concédese cada ano a unha longametraxe da que se considera que merecese mellor sorte na súa carreira comercial. Segundo a AICE, nesta ocasión tamén implica un recoñecemento “a unha xeración de mozas cineastas españois que exploran os terreos da non ficción con audacia e gran acolleita no panorama cinematográfico internacional”.

Máis información

Novas relacionadas

Novas cinematográficas

Fonte

Comentarios