Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte de Lois Patiño prepara a carreira polos Goya

A Costa da Morte de Lois Patiño prepara a carreira polos Goya
O filme Costa da Morte, de Lois Patiño, comeza a carreira polos Goya 2014

Non son aínda Nominacións, pero o filme de Lois Patiño, con nome costeiro, prepara xa a carreira polos Goya. 4 candidaturas presenta o filme ”Costa da Morte” aos Premios Goya 2015: “Mello Película”, “Mellor Película Documental”, "Mellor Director Novel” e “Mellor Son”.

Son máis de 270 películas as que optan a ser nominadas nos Premios máis importantes do cine español, e entre elas, un co nome da nosa bisbarra. Despois de chegar a gran pantalla, a singular e controvertida visión de Patiño sobre o misticismo dunha agochada e illada zona do noroeste galego, pide paso ao cine español.

Un film que non está só neste paso, pois Isabel Blanco, a de Santa Comba unha das grandes caras da escena galega, tamén é candidata a "Mellor Interpretación Feminina Protagonista" polo seu papel en "2 francos, 40 pesetas".

Isabel Blanco en 2 francos 40 pesetas

Longo percorrido de Costa da Morte

A documental ten participado nestes dous últimos anos 45 festivais de todo o mundo. Suiza, EEUU, Canadá, Chile, Estonia, Italia, Bosnia, República Checa, Alemaña, Francia, Austria, Brasil, País Vasco, Cataluña, Canarias, Andalucía, Corea do Sur, Holanda, Noruega, Arxentina, Filipinas, México, Rumanía, Arxentina, Portugal, Kosovo, Colombia, Irlanda… son algúns dos destinos aos que chegou a Costa da Morte a través dos seus festivais de cine.

E foron moitos os premios, ata 13 polo de agora, colleitados nos seguintes certames:

  • Festival de Locarno: Mejor director emergente (Cineasti del presente) (SUIZA) 2013.
  • Jeonju IFF: Best Picture Award (COREA DEL SUR) 2014.
  • FICUNAM: Puma de plata a la Mejor Película. (MÉXICO) 2014.
  • Festival dei Popoli: Premio del Público + Mención especial del jurado (ITALIA) 2013 .
  • Festival de Valdivia: Mención especial del jurado (CHILE) 2013.
  • Festival Internacional de Uruguay: Mejor película iberoamericana + Premio Fipresci a mejor película iberoamericana. (URUGUAY) 2014.
  • Cosquín IFF: Mención especial del jurado. (ARGENTINA) 2014.
  • World Premieres Film Festival: Cine Verde Award for Best Environmental Feature. (FILIPINAS) 2014.
  • Bienal de cine español de Annecy: Mención de honor del jurado. (FRANCIA) 2014.
  • Festival Europeo de Sevilla: Mejor película Nuevas Olas-NoFicción + Mención especial del jurado Nuevas Olas (ESPAÑA) 2013.
  • REC Tarragona: Mención especial del Jurado Joven (ESPAÑA) 2013.
  • Play-Doc: Mejor película internacional. Tui (ESPAÑA) 2014.
  • Mestre Mateo: Premio a mejor documental. A Coruña (ESPAÑA) 2014.

Veremos se cae un dos Premios Gordos!!

Máis información

Novas relacionadas

Novas cinematográficas

Fonte

Comentarios