Santa Comba pon en marcha o seu II ciclo de teatro
07:07 09/11/16
Este venres arranca en Santa Comba o II ciclo de teatro que se desenvolverá ao longo de todo o mes. A compañía teatro Galileo será a encargada de abrir a mostra coa adaptación de "Cyrano" - un clásico do teatro francés - baixo a dirección de Pedro Rubín e con César Cambeiro, Ana Santos, Manuela Varela e Xosé López Baño "Tanas" no elenco. Ao día seguinte - sábado 12 - a biblioteca municipal acolle ás 11 da mañán a obra “Cervantes Vs Shakespeare” a cargo da compañía Trastenda dos Contos”.
Cyrano, de Galileo, estrea o Ciclo de Teatro xalleiro
Xa o vindeiro sábado - día 19 - Luís Iglesias e Xavier Deibe protagonizarán o espectáculo "Sede de Mal" de Boneca Lareta a partir das 22 horas.
O II ciclo de teatro continúa o sábado 26 será coa obra “Habemus Mama” de Teatro Proscrito e dirixida por Lino Braxe e interpretada polas actrices Isabel Blanco e Sabela Hermida. O colofón a este ciclo organizado polo departamento de cultura do concello de Santa Comba coa colaboración da Deputación da Coruña será a representación de “Roedores” da compañía Redrum Teatro, o luns 28 de novembro as 11 da mañá no edificio Multiusos de Santa Comba.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Santa Comba