Santa Comba prepara dous novos cursos de formación
Falabamos onte do Taller de Ideas que se vai desenvolver en Santa Comba o vindeiro venres 4 de abril. Pero son máis as iniciativas que se van realizar nos vindeiros días no concello xalleiro.
Dous cursos se porán en marcha nos vindeiros meses: un Curso de Xestión e Organización de Ludotecas, e un Curso de Monitor de Comedor Escolar.
O Curso de Xestión e Organización de Ludotecas será, con probabilidade, 2 sábados presenciais, probablemente o primeiro e o último de abril (4 horas cada día, de 9:30h a 13:30h).
Pola súa parte, o Curso de Monitor de Comedor Escolar será no mes de xuño, con 6 horas semipresenciais e 100€.
Máis información
Cómpre estar atentos ao Facebook de Omic Santa Comba, ou tamén poden chamar ao 981 818 710 ou enviar un correo a [email protected].